Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 28 de abril de 1989 ![]() Madrid, Spain, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2010 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Extremo esquerdo ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Abel Molinero Pons, nado o 28 de abril de 1989 en Madrid, é un futbolista profesional español da canteira do Atlético de Madrid, que xoga como extremo esquerdo no Fuenlabrada da Segunda División B.
Nado en Madrid, Abel Molinero formouse na canteira nun dos principais equipos da súa cidade natal, o Club Atlético de Madrid. Con 18 anos debuta no fútbol sénior co terceiro filial do equipo, o Atlético de Madrid C, equipo no que permanece até 2010 xogando 71 partidos de liga. Posteriormente comeza a participar co segundo equipo, o cal participaba na Segunda División B. No ano 2011 asino coa Unión Deportiva Almería, equipo no que se reparte entre o filial de Segunda B e o equipo principal que participaba na Segunda División. Na seguinte temporada, xa como membro permanente do primeiro equipo consegue o ascenso á Primeira División, aínda que no verán asina polo Real Jaén,[1] equipo co que non chega a xogar a debutar. Finalmente sería transferido ao San Fernando Club Deportivo da Segunda B, equipo no que realiza un bo ano. Isto chama a atención do Guadalajara, que tenta formar un proxecto para retornar á categoría de prata. No equipo castelán convértese nun dos principais xogadores, conseguindo anotar 12 goles na competición. O 13 de xullo de 2015, o Club Deportivo Lugo da Segunda División anuncia a contratación do xogador castelán para a tempada 2015-16 por unha temporada con opción a dúas.
Club | Categoría | Ano | PX | Goles |
---|---|---|---|---|
Atlético C | Terceira | 2007-2008 | 10 | 3 |
Atlético C | Terceira | 2008-2009 | 28 | 4 |
Atlético C | Terceira | 2009-2010 | 17 | 3 |
Atlético B | Segunda B | 2009-2010 | 6 | 1 |
Atlético B | Segunda B | 2010-2011 | 9 | 1 |
Almería B | Segunda B | 2011-2012 | 31 | 5 |
Almería | Segunda | 2011-2012 | 4 | 0 |
Almería | Segunda | 2012-2013 | 8 | 0 |
Real Jaén | Segunda | 2013-2014 | 0 | 0 |
San Fernando | Segunda B | 2014 | 14 | 2 |
Guadalajara | Segunda B | 2014-2015 | 44 | 13 |
Lugo | Segunda | 2015-2016 | 7 | 1 |