A330 MRTT / KC-30A Voyager | |
---|---|
![]() | |
Tipo | repostaxe en voo e transporte |
Fabricante | Airbus Military |
Primeiro voo | 15 de xuño do 2007 |
Introducido | 1 de xuño do 2011 |
Principais usuarios | Royal Air Force Real Foza Aérea Saudita Real Forza Aérea de Australia Forza Aérea dos Emiratos Árabes Unidos |
Unidades construídas | 29 |
O Airbus A330 Multi Role Tanker Transport(MRTT) é un avión de repostaxe en voo baseado na aeronave de pasaxeiros civil Airbus A330-200. O A330 MRTT foi pedido polas forzas aéreas de Australia, Reino Unido, Emiratos Árabes Unidos e Arabia Saudita. O EADS/Northrop Grumman KC-45 foi unha versión do A330 MRTT proposta para a Forza Aérea dos Estados Unidos, pero o programa foi cancelado.
O Airbus A330 MRTT é un derivado militar do avión de pasaxeiros A330-200. Está deseñado para os roles de repostaxe aérea e transporte. Para misión de repostaxe aérea o A330 MRTT pode equiparse cunha combinación ou calquera dos seguintes sistemas: un sistema de repostaxe de pértiga ou vainas de repostaxe baixo as ás, ademais dun receptáculo para poder ser tamén recargado no aire.
O A330 MRTT ten unha capacidade máxima de combustible de 111 000 kg sen o uso de tanques adicionais, o que deixa un espazo para 45 000 kg de carga a maiores. A á do A330 MRTT ten unha estrutura común coa do catrimotor A340-200/-300 con partes reforzadas e disposición para tubos de combustible para os motores a bordo do A340. A á do A330 MRTT así precisa poucas modificacións para o uso deses reforzos para as vainas de reabastacemento das ás.[1]
A cabina do A330 MRTT pode modificarse para levar ata 380 pasaxeiros nunha única clase, permitindo un completo rango de configuracións dende maximizar o transporte de tropas ata unha complexa personalización para transporte VIP. Entre as configuracións dispoñibles están 300 pasaxeiros nunha clase e 266 en dúas. O A330 MRTT tamén pode configurarse para realizar misións de evacuación médica; pode levar ata 130 padiolas stándar. A configuración da bodega de carga principal permite levar contedores comerciais, e contedores e palés militares, ISO e OTAN, ademais de equipo militar e outros obxectos grandes que son cargados a través dunha porta de carga. Ao igual que o A330-200, o A330 MRTT ten dous compartimentos de carga na bodega inferior e capacidade de área a granel. A bodega de carga foi modificada para ser capaz de transprtar ata 8 palés militares ademais de elementos unitarios de carga (ULD) civís.
Pode instalarse un compartimento de descanso para a tripulación opcional, situado na parte dianteira da cabina, para unha tripulación de reposto e así aumentar o tempo dispoñible de misión. Á cabina de pasaxeiros do A330 MRTT pode instalárselle unha serie de escaleiras desmontable para permitir o embarque e desembarque cando non hai dispoñibles pasarelas ou equipo de apoio en terra.
Os A330-200 comerciais stándar son entregados dende a liña de montaxe de Airbus en Tolosa, Francia ao centro de conversión de Airbus Military en Xetafe, para equiparlles os sistemas de reabastecemento e a aviónica militar. O avión de reabastecemento foi certificado polas autoridades españolas en outubro de 2010.[2] O primeiro foi entregado a Australia o 1 de xuño de 2011.[3] Qantas Defence Services converteu os outros catro A330-200 nas súas instalacións do aeroporto de Brisbane no nome de EADS para a Real Forza Aérea de Australia.[4]
O 30 de setembro de 2016, Airbus Defence and Space completou o primeiro voo do new standard A330 MRTT. O new standard conta con modificacións estruturais, melloras aerodinámicas para aforrar un 1% de combustible, aviónica actualizada e sistemas militares mellorados. A primeira entrega está planeada para o ano 2018.[5]
O equipo Airbus/Saab propuxo un avión AWACS baseado nun A330 cun radar Erieye de Saab ao Ministerio de Defensa británico en 2018 para substituír a súa frota de E-3D.[6]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Airbus A330 MRTT |