Ana Isabel Blanco López, nada en Bilbao o 28 de novembro de 1960[1], é unha pedagoga e xornalista vasca, coñecida por presentar os informativos de TVE desde comezos da década de 1990.
Estudou Pedagoxía na Universidade de Deusto, e comezou a súa relación cos medios de comunicación en 1980 mediante colaboracións no programa de radio Los 40 Principales da Cadena SER en Bilbao, que compaxinaba cos estudos.
Entre 1989 e 1990 compaxinou o seu traballo en Radio 16 coa presentación do programa cultural de Telemadrid chamado Zip-Zap. La guía, xunto a Agustín Bravo. En 1990 incorporouse a TVE.
Na tempada 1991/1992 pasou a presentar en La 2, Noticias de La 2, na súa edición de tarde.
Desde o 21 de setembro de 1992 ó 24 de setembro de 1993 presentou o Telediario 2 con Matías Prats. A edición estivo dirixida por Miguel Adrover. Desde o 27 de setembro de 1993 ó 31 de agosto de 1996, presentou Telediario 1, con Matías Prats.
Desde o 8 de setembro de 1996 ó 28 de abril de 1998, volveu presentar Telediario Fin de Semana con Pedro Sánchez Quintana, estando acompañados desde o 5 de setembro de 1997 por Sergio Sauca nos deportes.
Desde o 29 de abril de 1998 ó 31 de xullo de 1998 presentou o Telediario 2 con María Escario nos deportes, relevando a Ernesto Sáenz de Buruaga.
Desde o 31 de agosto de 1998 ó 30 de xullo de 2013, presentou o Telediario 1, relevando a Matías Prats e Almudena Ariza.
Desde o 2 de setembro de 2013 ó 31 de agosto de 2018 presentou o Telediario 2, primeiro con Marcos López até o 1 de xullo de 2014 e en solitario, desde o 8 de setembro de 2014 ó 31 de agosto de 2018; con Jesús Álvarez, nos deportes e Mónica López no tempo. Na edición: María Eizaguirre.[2]
Desde o 3 de setembro de 2018, volve presentar Telediario 1, 5 anos despois, relevando a Pilar García Muñiz.
En todólos seus anos nos servizos informativos de TVE pasou por practicamente tódalas edicións dos Telediarios, ademais de moitos especiais informativos, como os dous dedicados ó primeiro aniversario da morte de Lady Di; o do nacemento do primeiro fillo da Infanta Elena ou a inauguración da Expo de Lisboa 98.
O 13 de xuño de 2016, moderou, xunto a Pedro Piqueras e Vicente Vallés, o debate electoral a 4 da Academia de Televisión -o único da campaña- entre Mariano Rajoy, Albert Rivera, Pedro Sánchez e Pablo Iglesias.[3]
Dende o sábado 9 de setembro de 2023, Ana Blanco presenta Informe Semanal en TVE 1.