Angostura trifoliata | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
'Angostura trifoliata' (Willd.) T.S.Elias (1970) | |||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||
|
Angostura trifoliata ou Galipea cusparia, coñecida como angostura, é unha especie fanerógama de planta medicinal, árbore da familia das rutáceas orixinaria de Suramérica. A súa cortiza emprégase polos seus principios amargos. É orixinaria de Venezuela.
É unha árbore duns 15 a 25 m de altura con follas trilobuladas de até 6 dm de longo, de desagradable e picosa fragrancia, sobre longos pecíolos; as folliñas son ovo-lanceoladas, sésiles, puntiagudas e posúe puntos brancos na face.
As flores xorden en longos acios axilares, de cor branca e con penachos peludos na parte exterior. A cortiza é de cor marrón-gris.
A planta angostura (Galipea officinalis, Angostura trifoliata) ten forma similar a dun arbusto e foi estudada polo seu potencial antibiótico e actividade citotóxica (destrúe as células). Considérase que a cortiza é a fonte principal destas propiedades medicinais.
Aínda que a angostura (árbore) e o licor amargo de Angostura comparten o nome, o licor é chamado así pola cidade de Angostura, Venezuela, é dicir, que, pola contra do que se cre popularmente, non fai uso da Angostura trifoliata.
A codia, pois, posúe as seguintes propiedades medicinais.
Angostura trifoliata foi descrita por (Willd.) T.S.Elias e publicado en Taxon 19:575. (1970)[1]
|
|
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Angostura trifoliata |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Angostura trifoliata |