Animal Collective

Animal Collective
OrixeBaltimore, Maryland, Estados Unidos de América Estados Unidos
Período2000 - presente
Xénero(s)pop experimental, pop sicodélico, neo-psychedelia, indie rock
Selo(s) discográfico(s)Animal, Catsup Plate, St. Ives, Paw Tracks, Fat Cat, Domino
MembrosDavid Portner (Avey Tare)
Noah Lennox (Panda Bear)
Brian Weitz (Geologist)
Josh Dibb (Deakin)
Artistas relacionadosAutomine, Black Dice, Vashti Bunyan, Gang Gang Dance, Kría Brekkan
Na rede
myanimalhome.net
IMDB: nm2833204 Facebook: anmlcollective Twitter: anmlcollective Instagram: anmlcollective Tumblr: anmlcollective MySpace: animalcollective Youtube: UCojZ14egrlujldEkzECShwA Bandcamp: anmlcollectveSouncloud: anmlcollective Spotify: 4kwxTgCKMipBKhSnEstNKj iTunes: 5664621 Last fm: Animal+Collective Musicbrainz: 0c751690-c784-4a4f-b1e4-c1de27d47581 Songkick: 137427 Discogs: 207958 Allmusic: mn0000919603 Deezer: 6786 Genius: Animal-collective Editar o valor en Wikidata

Animal Collective é unha banda orixinaria de Baltimore, Maryland, baseada na actualidade en Nova York. Animal Collective está composta por Avey Tare (David Portner), Panda Bear (Noah Lennox), Deakin (Josh Dibb) e Geologist (Brian Weitz). Os discos gravados baixo o nome Animal Collective poden incluír contribucións dalgúns ou todos eses membros, xa que a formación non é uniforme.

O traballo da banda caracterízase por unha exploración ecléctica de estilos, incluídos psicodelia, freak folk, noise, e electrónica,[1] co uso de elementos como loops, drones, sampling, harmonías vocais, e collages sonoros. Fred Thomas de AllMusic suxire que o grupo "definiu a cara do rock experimental independente durante os anos 2000 e 2010".[2]

Os seus membros coñecéronse na escola e comezaron a gravar xuntos en distintas formas de colaboracións a unha idade moi temperá. En 1999 fundaron o selo discográfico Paw Tracks, publicando o que agora é considerado o seu álbum de estrea, Spirit They're Gone, Spirit They've Vanished (2000), así como traballos doutros artistas.[3] O seu álbum de 2007 Strawberry Jam foi o primeiro en entrar na lista Billboard 200.[4] A continuación de 2009 Merriweather Post Pavilion foi o traballo máis exitoso do grupo, chegando aos número 13 da lista estadounidense;[5] o seu son pop psicodélico con moita reverberación resultou moi influente na música independente da década seguinte.[6]

Discografía

[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo Notas
Spirit They're Gone, Spirit They've Vanished 2000 Animal como Avey Tare e Panda Bear
Danse Manatee 2001 Catsup Plate como Avey Tare, Panda Bear e Geologist
Campfire Songs 2003 Catsup Plate como Campfire Songs
Here Comes the Indian 2003 Paw Tracks
Sung Tongs 2004 FatCat Records
Feels 2005 FatCat Records
Strawberry Jam 2007 Domino Records
Merriweather Post Pavilion 2009 Domino Records
Centipede Hz 2012 Domino Records
Painting With 2016 Domino Records
Time Skiffs 2022 Domino Records
Isn't It Now? 2023 Domino Records
Álbum Ano Selo Notas
Prospect Hummer 2005 FatCat Records con Vashti Bunyan
People 2006 FatCat Records
Water Curses 2008 Domino Recording Company
Fall Be Kind 2009 Domino Recording Company
Keep + Animal Collective 2011 Keep
Transverse Temporal Gyrus 2012 Domino Recording Company
Monkey Been to Burn Town 2013 Domino Recording Company
New Psycho Actives Vol. 1 2015 autoeditado como Avey Tare e Geologist
The Painters 2017 Domino Recording Company
Meeting of the Waters 2017 Domino Recording Company
New Psycho Actives Vol. 2 2019 autoeditado como Avey Tare e Geologist
Bridge to Quiet 2020 Domino Recording Company
  1. Mac, Sam C. (2016-02-04). "Review: Animal Collective, Painting With". Slant Magazine (en inglés). Consultado o 2023-10-02. 
  2. "Animal Collective Biography, Songs, & Albums". AllMusic (en inglés). Consultado o 2023-10-02. 
  3. "Animal Collective Interview - Geologist + Avey Tare - Identity Theory". www.identitytheory.com (en inglés). 2005-08-29. Consultado o 2023-10-02. 
  4. Trust, Gary (2015-01-22). "We’re No. 1! ‘Billboard #1 Gospel Hits’ Debuts Atop Gospel Albums Chart". Billboard (en inglés). Consultado o 2023-10-02. 
  5. "Animal Collective - Merriweather Post Pavilion - Uncut.co.uk". web.archive.org. 2013-12-02. Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 2023-10-02. 
  6. Kloczko, Justin (2019-01-04). "Animal Collective’s Indie Psych-Pop Masterpiece Is Still Reverberating". The Ringer (en inglés). Consultado o 2023-10-02. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]