![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de) Anna Friese ![]() 7 de maio de 1879 ![]() Opin, Polonia (en) ![]() ![]() |
Morte | 5 de agosto de 1943 ![]() Berlin-Plötzensee, Alemaña (en) ![]() ![]() |
Residencia | Berlín (1905–) ![]() |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia ![]() |
Membro de |
Annie Krauß, tamén referida como Anna Krauß, Anna Kraus, Annie Krauss e Anna Krauss, nada en Bogen, reino de Baviera (Imperio Alemán), o 27 de outubro de 1884 co nome de Anna Friese,[1][2] e finada o 5 de agosto de 1943, executada na prisión de Plötzensee, Berlín, foi unha adiviña e empresaria alemá que se converteu nunha loitadora contra o réxime nazi a través da súa asociación cun grupo de resistencia antifascista con sede en Berlín que máis tarde foi chamado Orquestra Vermella ("Rote Kapelle") pola Abwehr.[3][4]
Anna Krauss era filla do granxeiro Johann Friese. En 1911, casou co húngaro Josef Krauss e tivo un fillo, Rudolf, nado en 1914. Josef Krauss foi asasinado na primeira guerra mundial, deixándoa viúva, e en 1920 foi vivir con Rudolf á da súa irmá, Magda Friese, nun apartamento en Berlín. Para gañar a vida dirixiu un taller de costura e nos anos 30 converteuse na propietaria dunha empresa grosista de pinturas e vernices.[5]
A finais de 1938, Krauss acolleu á moza xudía de 22 anos, Sophie Kuh (de casada Sophie Templer-Kuh), que esperaba un visado británico.[6] Ela fora a Berlín para visitar a embaixada británica para ampliar o seu visado. Sophie Templer-Kuh morreu en 2021, aos 104 anos.[7]
En agosto de 1941, Libertas Schulze-Boysen [en] converteuse nunha cliente de Krauss logo de ser presentada polo xornalista Heinrich Karbe. A través de Schulze-Boysen, Krauss coñeceu a Toni Graudenz, esposa do seu veciño de Stahnsdorf John Graudenz. Krauss ofreceulle o seu apartamento para albergar dúas máquinas de mimeografía para producir folletos antinazis, coñecidos como AGIS, para o grupo.[8][9] Moitos clientes de Krauss eran oficiais alemáns supersticiosos que buscaban consello e, ao describir as súas próximas campañas, ela pasaba os detalles a Schulze-Boyzen a través de Toni Graudenz, que actuaba de intermediario no papel de cutout.[10] Un destes oficiais alemáns era Erwin Gehrts, un coronel da Luftwaffe, interesado na metafísica e o ocultismo cunha vida marcada pola superstición.[11] Visitaba regularmente a Krauss para pedir consello.[11]
Krauss lía a sorte dos membros do grupo de resistencia para proporcionarlles e infundirlles unha determinación férrea.[12] En estado de transo, describía o futuro político despois dos nazis.[11]
Annie Krauss era membro de pleno dereito do grupo Schulze-Boysen e estaba plenamente informada de todas as súas actividades. Tamén participaba na distribución de panfletos e dípticos.[11]
Krauss foi arrestada o 14 de setembro de 1942. Foi xulgada polo Reichskriegsgericht ("tribunal militar") e o 12 de febreiro de 1943 anunciouse que fora condenada a morte por "descompoñer a forza militar". A execución tivo lugar o 5 de agosto de 1943, no marco dunha execución en serie, na que foron guillotinadas 17 persoas, 3 homes e 14 mulleres.[13] [14]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Alemaña |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Segunda Guerra Mundial |