Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de agosto de 1928 Burjassot, España |
Morte | 12 de maio de 2010 (81 anos) Madrid, España |
Causa da morte | cancro |
Actividade | |
Ocupación | actor, guionista, director de cinema, actor de cinema |
Período de actividade | 1950 - 1993 |
Familia | |
Cónxuxe | Elisa Montés (1960–1969) |
Fillos | Emma Ozores |
Pais | Mariano Ozores Francés e Luisa Puchol |
Irmáns | José Luis Ozores Mariano Ozores |
|
Antonio Ozores Puchol, nado en Burjassot (Valencia) o 24 de agosto de 1928 e finado en Madrid o 12 de maio de 2010, foi un actor español.[1][2]
Pertence a unha das sagas cinematográficas máis coñecidas de España, sendo fillo dos actores Mariano Ozores (pai) e Luisa Puchol, pai da actriz Emma Ozores, exmarido da actriz Elisa Montés, irmán do actor José Luis Ozores, irmán tamén do escritor, director e actor Mariano Ozores, tío da actriz Adriana Ozores e cuñado das actrices Emma Penella e Terele Pávez.
Traballou en máis de cento cincuenta películas. Algúns dos filmes nos que participou como protagonista foron Esto es un atraco (1987), Canción triste de... (1988), El Equipo Aahhgg (1989) ou Los obsexos (1989).