Os Boixos Nois (BN) son un grupo ultra de apoio ó FC Barcelona fundado en 1981 por Manuel Omar Pascual. Autodefínense como hooligans e parte dos seus integrantes seguen a estética skinhead. O grupo identifícase cunha ideoloxía política de extrema dereita, nacionalista, pero tamén con neonazis, tamén chamados Casuals.
O logotipo consta dunha circunferencia exterior branca cun bulldog no centro. No lado esquerdo do círculo atópase a bandeira catalá e na esquerda a do Barça. Na parte superior atópase o nome Boixos Nois, mentres que na parte inferior atópase o nome do club, FC Barcelona.
Están irmandados cos Standarte Bremen, o grupo de seareiros radicais do Werder Bremen. Pola contra, os seus maiores rivais son as Brigadas Branquiazuis do RCD Espanyol, os Ultras Sur do Real Madrid, e os Yomus, seareiros do Valencia CF.
Nun comezo, estaban situados na bancada do Gol Sur do Camp Nou, pero tralo desastre de Heysel, en 1986, a directiva trasladounos temporalmente á terceira gradería, dende onde lanzaban obxectos cara bancadas superiores, o que causou protestas por parte dos seareiros ó club. Posteriormente unha nova directiva trasládaos ó Gol Sur. E comeza a funcionar unha "trama económica" con distribución de material neonazi.
A súa radicalización comezou en 1991, cando seus membros se viron involucrados en numerosos episodios de violencia. O máis destacable, o asasinato dun cidadán francés seareiro do RCD Espanyol, François Rouquier e graves feridas a outro. Catro membros dos Boixos Nois foron condenados por este asasinato en abril de 1994.
Na tempada 91/92 créase unha nova sección dos "Boixos Nois" chamada "Casuals FCB" (na honra dos hooligans que provocaron a catástrofe de Heysel. O seu modus operandi era acudir ós estadios sen símbolos barcelonistas e agredir a outros seareiros sen seren recoñecidos.
Na tempada 95-96 constitúense como peña barcelonista, pero co paso progresivo do tempo e a súa radicalización, fóronos separando pouco a pouco do club. Isto causou que a mediados da década de 1990, fosen trasladados á sección Gol Norte do Camp Nou.
O 20 de decembro de 1997, morre o deu dirixente, Serxio Soto, con antecedentes penais, nesa ocasión o vicepresidente do FC Barcelona, Joan Gaspart, baixou á gradería á darlle ó pésame ó grupo.
A directiva de Joan Laporta aplicou unha tolerancia cero, no ano 2003, despois de graves incidentes. Posteriormente denegaríaselles a entrada ó estadio.
Os Boixos Nois teñen e tiveron moitas seccións de hooligans de moitos lugares, dentro ou fóra de Cataluña. Estes son as 64 seccións que hai e houbo nos Boixos Nois: