Clickair

Clickair
IATA
XG
OACI
CLI
Indicativo
CLICKJET
Fundación2006 (como Catair)
Inicio das operacións1 de outubro do 2006
Fin das operacións15 de xullo do 2009
Frota26
Destinos41

Clickair foi unha aeroliña de baixo custo con sede no Parc de Negocis Mas Blau en El Prat de Llobregat, preto de Barcelona. Clickair voou a uns 40 destinos europeos. A súa principal base atopábase no aeroporto de Barcelona, con bases en Málaga, Sevilla e Valencia. Clickair fusionouse con Vueling Airlines o 15 de xullo do 2009.

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

A compañía chamouse nun primeiro momento Catair, derivado de Cat (por Cataluña) e Air, pero cambiou o seu nome para Clickair xusto antes de iniciar as operacións. Clickair posicionouse como unha aeroliña de baixo custo e ofrecía un programa de compra a bordo de alimentos, bebidas e outros produtos.

A aeroliña comezou a operar o 1 de outubro de 2006 con tres Airbus A320 voando cinco rutas dende o seu centro de conexións en Barcelona.[1] A compañía fundouse cun investimento de capital inicial de Cobra, Iberia, Iberostar, Nefinsa e Quercus Equity (Group Agrolimen), cada un deles cun 20% de participación, con Iberia configurando a aeroliña. Aínda que Iberia tiña un 20% das accións controlaba o 80% dos seus dereitos económicos. A compañía tiña plans para operar 30 Airbus A320 en 70 rutas, transportando 10 millóns de pasaxeiros por ano a finais de 2008. O código da IATA de Clickair, XG, foi herdado da aeroliña de pasaxeiros retirada pertencente a Gestair Cargo Regional Líneas Aéreas.

Fusión con Vueling

[editar | editar a fonte]

En xuño de 2008 Clickair e a súa rival Vueling anunciaron a intención de fusionarse.[2] Chegouse a un acordo porque ámbalas dúas compañía querían crear unha única aeroliña para facer fronte aos maiores custos de combustible e de taxas, e estaban perdendo moitos cartos. A fusión causou que Clickair cesase as súas operacións porque Vueling sería o nome da nova aeroliña. A aeroliña baseouse en Barcelona, os as dúas integrantes estaban baseadas e mantiñan os seus centros de conexións orixinais. O presidente de Clickair Álex Cruz tamén sería o máximo dirixente da nova aeroliña.[2]

Planeouse introducir 5 novos avións en 2008, porén, a aeroliña reduciu os seus plans de expansión e só engadiría un avión durante ese ano.[3]

O 15 de xullo de 2009 completouse a fusión de Vueling e Clickair. A nova compañía opera baixo a marca de Vueling, cesando Clickair as súas operacións. Dende a fusión Vueling converteuse na segunda aeroliña máis grande de España, transportando 8,2 millóns de pasaxeiros en 2009 a case 50 destinos. Despois do cesamento das operacións, 20 dos 26 avións pasaron a Vueling. O resto foron a Astraeus Airlines, Vertir Airlines e Ural Airlines, sendo dous deles almacenados.

  1. Flight International, 3-9 de outubro de 2006
  2. 2,0 2,1 "Vueling To Merge With Clickair | Airwise News". news.airwise.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2018. Consultado o 2018-12-02. 
  3. Editorial, Reuters. "UPDATE 1-Spain's Clickair scales back growth plans". U.S. (en inglés). Consultado o 2018-12-02. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]