Club Esportiu Júpiter

CE Júpiter
NomeClub Esportiu Júpiter
Fundación1909
EstadioCamp de la Verneda
Barcelona, España España
Capacidade5.500
Presidente Joan Rión
Adestrador Juanjo García
LigaTerceira División
2011-122º (Primera Catalana)
Na rede
http://www.fpcejupiter.cat/
Titular
Alternativo

O Club Esportiu Júpiter é un club de fútbol do barrio do Poblenou da cidade de Barcelona. Fundado en 1909, é un dos históricos do fútbol catalán, que chegou a xogar en Segunda División dúas tempadas na década de 1930. Actualmente xoga na Terceira División.

O Júpiter fundouse o 12 de maio de 1909 na cervecería Cebrián, no Poblenou, no local que actualmente ocupa a orchatería Tío Che. Os fundadores foron dous ingleses que entón traballaban en Poblenou (encabezados por David Mauchan), mediante a fusión de dous equipos de afeccionados do barrio, o Anglo-Espanyol e o Stadium Nacional. Escolleuse o nome do club nun concurso de globos que se celebrou na praia de La Mar Bella. En 1912 afiliouse á Federación Catalá. As súas primeiras cores foron azul ceo e branco; máis tarde o verde e finalmente, o gris-granate actual.

Persoal de 1916

En 1917 o Júpiter proclamouse campión de Barcelona de Segunda Categoría e en 1925 foi campión de Cataluña e de España do Grupo B, equivalente á Segunda División Española actual. En 1929 o Júpiter proclámase campión de Cataluña de Segunda Categoría Preferente.

Os mellores anos do Júpiter foron na década dos 30, cando chegaron a ter 2.000 socios e competían co Barça e Espanyol no ámbito catalán. Desde o seu inicio, o Júpiter foi acompañado de connotacións políticas e o seu escudo cuadribarrado e estelado foi prohibido o ano 1924 por Primo de Rivera. O ano seguinte o club visitou o Barça nun partido en que por mor da asubiada ao himno español, clausuráronse as actividades do camp de Les Corts.

En 1939, finalizada a Guerra Civil volveuse a prohibir o escudo do CE Júpiter e obrigóuselle a cambiar o nome polo de CD Hércules, e as cores gris e granate por verde e branco. En 1940 devólveselle o nome orixinal, pero non o escudo. En 1948 o club inaugura o campo de La Verneda, no Carrer Agricultura do barrio de Sant Martí, onde aínda xoga. O ano 1959 coa celebración das vodas de ouro do club, o equipo recupera as cores gris e granate tradicionais. Non é ata a asemblea do ano 1989 que os socios acordaron por maioría devolverlle o escudo orixinal ao club.

Na tempada 2007-2008 descendeu a 1ª Territorial. En tres tempadas o club sufriu 2 descensos.

En maio de 2009 comezan os actos do Centenario do club. O 18 de marzo de 2010 concedéuselle a Medalla de Ouro ao Mérito Deportivo da cidade de Barcelona.

O 16 de maio de 2010 o CE Júpiter proclámase campión do grupo II de 1ª Rexional e ascende de categoría a Rexional Preferente para a campaña 2010/2011.

O 29 de maio de 2011, tras acabar en segunda posición do grupo II de Territorial Preferente, o Júpiter ascende a Primera Catalana. Na tempada seguinte ascende á Terceira División Española. Deste xeito encadéanse tres ascensos consecutivos, un fito histórico para o club catalán.

Datos do club

[editar | editar a fonte]
  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 2
  • Tempadas en 2ªB: 1
  • Tempadas en : 46 (Incluída a 2012/13)
  • Participacións na Copa do Rei: 2

Palmarés

[editar | editar a fonte]
  • Campionato de Barcelona de Segunda Categoría (1): 1917
  • Campionato de Cataluña de Segunda Categoría (5): 1916-17, 1924-25, 1927-28, 1928-29, 1936-37
  • Campionato de España de Segunda Categoría (1): 1925
  • Torneo Históricos do Fútbol Catalán (5): 1985, 1988, 1989, 1995, 2000
  • Campionato de Liga de Rexional (1): 1965
  • Finalista da Copa do Rei Xuvenil de fútbol (1): 1966
  • Campionato de Liga de Primeira Territorial (1): 2010
  • Torneo Vila de Sant Martí (2): 2007, 2009

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]