(2018) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 24 de xaneiro de 1988 (36 anos) Baltimore, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | McDonogh School (en) Universidade de Georgetown | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 203 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 109 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2009 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | NBA G League, Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 35 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Detroit Pistons | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
DaJuan Michael Summers, nado o 24 de xaneiro de 1988 en Baltimore (Maryland), é un xogador de baloncesto profesional estadounidense. Con 2,03 metros de altura, xoga na posición de ala.
Xogou durante tres tempadas cos Hoyas da Universidade de Georgetown, nas que conseguiu 11,2 puntos e 4,4 rebotes por partido.[1] Na súa primeira tempada foi incluído no mellor quinteto rookie da Big East Conference e no mellor quinteto do torneo, tras facer 9,2 puntos e 3,7 rebotes, sendo titular en 34 dos 37 partidos disputados.[2] A súa actuación máis salientable produciuse nos cuartos de final da NCAA ante North Carolina, conseguindo 20 puntos e 6 rebotes.[3]
Na súa segunda tempada conseguiu ser incluído no segundo mellor quinteto do distrito, ao conseguir 11,1 puntos, 5,4 rebotes e 1,5 asistencias por partido. Conseguiu a súa mellor marca persoal de anotación ante South Florida, con 24 puntos, aos que engadiu 9 rebotes.[4] Xa na súa derradeira tempada acadou as dobres figuras en 25 ocasións, incluídos 19 partidos consecutivos, para rematar con 13,6 puntos e 4,1 rebotes por partido. Ao remate da tempada declarouse elixible para o draft da NBA.[5]
Foi elixido na 35ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Detroit Pistons,[6] cos que xogou a liga de verán de Las Vegas, conseguindo en 5 encontros 18,0 puntos e 5,4 rebotes por partido.[7]
En xullo de 2011, asinou co Montepaschi Siena por dúas tempadas.[8] Porén, deixou o equipo en outubro de 2011.[9] En decembro volveu á NBA cos New Orleans Hornets, e foi cortado polo equipo o 8 de febreiro de 2012.
O 22 de setembro de 2015, asinou cos New York Knicks.[10]