David Stirling

Modelo:BiografíaDavid Stirling

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de novembro de 1915 Editar o valor en Wikidata
Lecropt, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte4 de novembro de 1990 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Westminster, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
EducaciónAmpleforth College
Trinity College Editar o valor en Wikidata
Altura1,98 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónoficial, montañista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1937 Editar o valor en Wikidata -
Carreira militar
LealdadeReino Unido Editar o valor en Wikidata
Rama militarExército Británico Editar o valor en Wikidata
Rango militarCoronel
tenente coronel Editar o valor en Wikidata
Comandante de (OBSOLETO)Servizo Aéreo Especial Editar o valor en Wikidata
Conflitosegunda guerra mundial
Campanha Norte-Africana (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Deportealpinismo Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisArchibald Stirling Editar o valor en Wikidata  e Margaret Fraser Editar o valor en Wikidata
IrmánsWilliam Joseph Stirling of Keir
Hugh Stirling Editar o valor en Wikidata
Premios

WikiTree: Stirling-1509

Sir David Stirling, nado o 15 de novembro de 1915 en Doune e finado o 4 de novembro de 1990, foi un militar escocés, fundador do Special Air Service (SAS), o grupo de forzas especiais do exército británico.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Monumento de homenaxe a David Stirling, creado pola artista Angela Conner, inaugurado en 2002 preto da súa casa en Doune.

Co seu nome completo, Archibald David Stirling, naceu na casa petrucial do clan Stirling, en Kier House, nas aforas de Douane, unha viliña do condado de Perthshire. O seu era un dos fogares máis importantes da contorna: seu pai era o xeneral de brigada Archibald Stirling of Kier, o seu avó materno Simon Fraser, 13º lord Lovat, décimo terceiro lord Lovat, título que pasou tamén ao seu curmán Simon Fraser, décimo quinto lord Lovat. Estudou no Ampleforth College e no Trinity College de Cambridge.

Era un nobre atlético, e moi alto para o seu tempo, que estaba adestrando para escalar o Everest cando estourou a segunda guerra mundial. Alistouse nos Gardas escoceses en 1939 e en 1940 entrou como voluntario no oitavo comando, baixo as ordes do tenente coronel Robert Laycock, que formaba parte da Layforce. Despois do fracaso desta iniciativa bélica, Stirling cavilou que, debido á mecanización da guerra, un grupo reducido de soldados ben adestrados podería infrinxirlle ao inimigo maior dano ca un batallón enteiro.

Logo de sofrer un accidente de paracaídas, quedou temporalmente de baixa, o que aproveitou para visitar no Cairo o comandante en xefe e xeneral Claude Auchinleck. Co apoio do xeneral Neil Ritchie, Stirling convenceu a Auchinleck, e crearon un novo corpo de forzas especiais, co confuso nome de "L Detachment, Special Air Service Brigade", escollido á mantenta para despistar e para lembrar unha brigada de paracaidistas anterior que levou ese nome no norte de África. Ao seu mando figuraba o propio David Stirling.

Os seus primeiros intentos de ataque, realizados con paracaídas sobre Gazala e Tmimi o 16 e o 17 de novembro de 1941, foron un completo desastre, e unha alta porcentaxe dos seus homes morreron ou resultaron feridos. Como consecuencia diso, a L Detachment integrouse de novo dentro do Oitavo Comando. Pero Stirling seguía decidido, e co apoio de brigadas de transporte, emprendeu unha estratexia de pequenos ataques nocturnos, máis seguros e máis efectivos, co que empezaron a colleitar abondosos éxitos bélicos sobre o deserto norteafricano. En quince meses, as SAS, de novo como comando independente e ao mando do tenente David Stirling, inutilizaron 250 avións, ducias de camións de abastecemento, estradas, camiños de ferro e centos de vehículos.

Stirling caeu preso do exército alemán en xaneiro de 1943, no sur de Tunisia. Tentou escapar catro veces antes de que o enviasen ao castelo Colditz, onde permaneceu o resto da guerra ata a rendición alemá. En 1945 fundou unha asociación de ex-combatentes das SAS, da que foi o primeiro presidente.

En 1975 David Stirling fundou a organización GB75, destinada a loitar contra os sindicatos e a defender o país do que el consideraba o ataque antipatriótico das folgas. Foi nomeado cabaleiro en 1990, e posuía ademais a Orde do Imperio Británico e a Orde do Servizo Distinguido. Ao falecer, foi soterrado nas ribeiras do Loch Morar.