Nome orixinal | Rubén Doblas Gundersen |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 13 de febreiro de 1990 (34 anos) Mijas, Málaga, España |
Residencia | Madrid, España |
País de nacionalidade | Española |
Relixión | Ateísmo |
Formación profesional | Animación e modelado 3D |
Actividade | |
Ocupación | Youtuber |
Período de actividade | 3 de xaneiro de 2012 - |
Membro de | |
Pseudónimo literario | El Rubius Rubius |
Premios | |
| |
Páxina web | rubiuscorp.com |
Rubén Doblas Gundersen, máis coñecido como «El Rubius» ou «Rubius», nado en Mijas o 13 de febreiro de 1990, é un videoprodutor na plataforma YouTube de orixe española. Na actualidade, é o youtuber máis seguido do seu país, a 4° canle máis seguida en lingua española e a 18° máis popular de YouTube a nivel global. A temática principal dos seus vídeos son os videoxogos comentados, tratados dun xeito humorístico.
Nado na localidade malagueña de Mijas en 1990, de pai español e nai norueguesa, pasou a súa infancia e parte da súa adolescencia entre España e o país nórdico.[1][2][3] En Noruega estableceu, a través de Internet, amizade con Miguel Ángel Rogel (máis coñecido como Mangel ou mangelrogel), youtuber español que colabora de maneira frecuente nos seus vídeos, a quen coñeceu en persoa en 2012 e con quen compartiu piso durante un tempo. Fala noruegués de maneira fluída.
Cando se estableceu definitivamente en España, decidiu estudar Animación e Modelaxe 3D.[4] Rubius subiu o seu primeiro vídeo a YouTube en 2006 e dende ese ano até 2011, cando decidiu dedicarse en exclusiva á súa canle, subía contidos ao portal de maneira esporádica.[5]
Durante os anos 2012 e 2013 traballou xunto a outros usuarios da plataforma como MangelRogel, Panda, Lokillo ou Maximus en BGames, a sección de videoxogos de Boomerang Live (actualmente chamada BLive), network con canle de YouTube do Grupo Boomerang TV.
No ano 2014, fixo un cameo en Torrente 5, unha comedia española protagonizada e dirixida por Santiago Segura.
En 2015, concedeu a súa primeira entrevista en televisión, en concreto para o programa español Al rincón de pensar de Antena 3, presentado por Risto Mejide. Nesa entrevista tratáronse dramas persoais que lle emocionaron visiblemente, o que tivo unha gran repercusión nas redes sociais por ser a primeira e única vez que falou da súa vida privada en público.[6]
No verán de 2016, o youtuber participou na campaña publicitaria que a bebida Fanta realizou en España.[7][8]
No verán de 2018 decidiu coller unhas vacacións polos problemas psicolóxicos que lle estaba a causar a presión social.
En xaneiro de 2021 cambiou o seu lugar de residencia de España a Andorra.[9]
O Rubius conta con dúas canles, elrubius e elrubiusOMG, sendo este último o único que utiliza actualmente. O primeiro deles foi creado, segundo a propia canle, o 3 de abril de 2006 e foi substituído polo actual, creado o 19 de decembro de 2011, xa que debido a unha denuncia de contidos por infrinxir normas da comunidade de YouTube, non se lle permitía ser partner e obter ingresos por subir contido. Aínda que a maioría do seu contido está baseado en gameplays, nos que se comenta un videoxogo ao mesmo tempo que se xoga, na súa canle conta con outro tipo de vídeos, como videoblogs das viaxes que realiza, directos, respostas a preguntas dos seus seguidores, sketches ou challenges (retos viralizados na rede) entre outros. Todo iso na clave de humor que o caracteriza.
A finais de 2011 subiu un vídeo de tipo gameplay no que comentaba situacións do videoxogo The Elder Scrolls V: Skyrim, o cal remataría por volverse viral en Internet e conseguiu atraer subscritores á súa canle de YouTube. Máis tarde fixo unha parodia do videoxogo Minecraft, cuxo título era Minecraft en 1 minuto, que volveu a viralizarse e fíxose un oco entre os máis destacados do momento en YouTube en español. En 2012 comezou a subir vídeos nos que participaba en chats do portal Chatroulette como un trol de Internet. A súa canle logrou ser a primeira de España en número de subscritores en novembro de 2012, cando superou ao videoprodutor Willyrex, e logrou o millón de seguidores en febreiro de 2013. En febreiro de 2015, converteuse na primeira canle española en alcanzar os 10 millóns de subscritores.[10]
En outubro de 2015 YouTube organizou unha gala para conmemorar o seu décimo aniversario, onde Rubius e tamén un youtuber español Vegetta777 recibiu o premio "Botón de diamante" concedido a canles con máis de dez millóns de subscritores.[11][12]
A data de decembro de 2016, ''El Rubius'' conta con máis de 21 900 000 subscritores e os seus vídeos foron reproducidos máis de 4 650 millóns de veces.[13] Na rede social Twitter ten máis de 7,88 millóns de seguidores e en Facebook máis de 7 millóns.
En 2014 publicou El libro troll, un libro interactivo con retos que os lectores deben completar. A obra, que nas súas primeiras seis semanas nas librarías vendeu 40.300 exemplares e foi o número un en vendas en España durante oito semanas, converteuse nun grande éxito de vendas da Feira do Libro de Madrid dese ano.[14][15]
En setembro de 2015 a editorial Planeta publicou o seu primeiro cómic, El Rubius: Virtual Hero. Nel, o propio Rubius penetra no mundo da realidade virtual, onde xunto a algúns compañeiros vive aventuras e enfróntase a diversos obstáculos.[16] En xuño de 2016, publicou a segunda parte deste último: Virtual Hero 2: A torre imposible.[17]