A Euroliga 2010-11 foi a undécima edición da máxima competición de clubs de baloncesto de Europa dende a súa organización pola Unión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB) e a primeira dende o seu patrocinio por Turkish Airlines. Incluíndo as edición desta competición organizadas por FIBA Europa é a edición número 54. Nesta edición competiron vinte e catro equipos de catorce estados distintos.
O sorteo para a configuración dos grupos para a Turkish Airlines Euroleague 2010–11 foi celebrado o xoves 8 de xullo de 2010 en Barcelona. O sorteo comezou ás 11:15 hora local (CET) e determinou os encontros a disputar da fase de clasificación e os grupos da fase regular da Euroliga, as roldas de clasificación da Eurocup e a fase regular da EuroChallenge.
Os equipos foron organizados en seis bombos de catro equipos cada un. Dous equipo do mesmo estado non poden coincidir no mesmo grupo da fase regular, excepto no caso de España que contaba con cinco equipos participantes na competición.
Os dezaseis equipos clasificados foron repartidos en cuaro grupos con catro equipos cada un. Os encontros xogaranse entre o 19 de xaneiro e o 3 de marzo, clasificándose aos playoffs os dous primeiros de cada grupo. O sorteo tivo lugar o 4 de xaneiro de 2011 en Barcelona ás 13:00 CET, sendo retransmitido en directo no sitio web oficial da Euroliga.
Os dous primeiros de cada grupo clasifícanse para os cuartos de final