Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de outubro de 1909 Madrid, España |
Morte | 30 de novembro de 1986 (77 anos) A Habana, Cuba |
Educación | Academia de Infantería de Toledo |
Actividade | |
Ocupación | militar |
Partido político | Partido Comunista de España |
Carreira militar | |
Lealdade | España |
Rama militar | Exército Popular da República |
Rango militar | Coronel |
Conflito | guerra civil española |
Francisco Ciutat de Miguel, nado o 28 de outubro de 1909 e finado o 30 de novembro de 1986, foi un militar español.
De familia de militares, estudou na Academia de infantería de Toledo (1925-1928), destinado a Bilbao, ao principiar a Guerra Civil española era tenente de infantaría e estaba realizando estudos de Estado Maior na Escola Superior de Guerra de Madrid, incorporouse como Xefe de Estado Maior do Exército Republicano no Norte ata que tres meses despois o substituíu Francisco Llano, participou no verán de 1937 na batalla de Santander, de ideoloxía comunista tivo importantes discrepancias co presidente vasco, Aguirre ao estar en contra de que este dispuxera de forzas militares. Ao caer a fronte do norte ascendeu a tenente coronel e pasou como xefe de operacións ao Estado Maior do Exército do Levante.
Despois da derrota na Guerra, exiliouse na URSS e deu clase na Academia Vorochilov, enviado en 1960 como asesor militar da URSS a Cuba, organizou a estrutura militar das Forzas Armadas Revolucionarias cubanas, significativo foi o seu papel durante o intento de invasión da Baía de Cochinos. Tamén asesorou ao exército alxeriano e o de Vietnam.
En 1977 volveu a España pero xa enfermo de gravidade marchou a Cuba en abril de 1985 onde morreu. Publicou Relatos y reflexiones de la Guerra de España 1936-1939 en 1978.