Geraldine McCaughrean

Modelo:BiografíaGeraldine McCaughrean

(2006) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de xuño de 1951 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
EducaciónCanterbury Christ Church University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, escritora de literatura infantil, autora, novelista, escritora de ciencia ficción Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Iedereen Leest (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sitio webgeraldinemccaughrean.co.uk Editar o valor en Wikidata
Twitter: gmccaughrean BNE: XX1054395 Bitraga: 1846 Musicbrainz: 23701657-9f61-4397-91c8-adca2a183f1c Editar o valor en Wikidata

Geraldine McCaughrean (pronunciado "Mc-cork-ran"), nada o 6 de xuño de 1951 no norte de Londres, é unha novelista británica, que ten destacado principalmente na escritura de libros para públicos novos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciada en Educación, traballou durante dez anos na publicación dunha revista antes de converterse en escritora profesional. Na actualidade vive en Berkshire co seu home e a súa filla.

Escribiu máis de 130 libros, 50 obriñas de teatro para escolas e tamén un guión de radio. Tamén ten escrito seis novelas históricas dirixidas a público adulto, como Fires’ Astonishment (1990) e The Ideal Wife (1997). Entre as súas principais novelas para rapaces de todas as idades e en todos os formatos, atópanse A Little Lower than the Angels (1987), Gold Dust (1993) e Not the End of the World (2004).

Ademais ten reescrito varias historias tradicionais, contos de fadas e episodios bíblicos. Entre elas débense mencionar as súas versións dos Contos de Canterbury (1984), da Odisea (1993), de Moby Dick (1996) ou do Cid (1989).

A súa obra foi traducida a 35 idiomas, entre eles o galego.

En 2005, escolleuna o Hospital Great Ormond Street, o propietario dos dereitos do personaxe de Peter Pan para escribir a segunda parte oficial da novela de J.M. Barrie, que se chamou orixinalmente Peter Pan in Scarlet. A súa tradución galega, publicada simultaneamente en todo o mundo, foi traducida por Silvia Carril co título de Peter Pan e a levita escarlata.

É a única persoa que gañou o Withbread de literatura infantil en tres ocasións.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]