Guntram | |
---|---|
Forma | Ópera |
Actos e escenas | 3 actos |
Idioma orixinal do libreto | Alemán |
Libretista | Richard Strauss |
Estrea | 10 de maio de 1894 |
Teatro da estrea | Teatro Grossherzogliches |
Lugar da estrea | Weimar |
Duración | 2 horas |
Música | |
Compositor | Richard Strauss |
Personaxes | |
Guntram (Op. 25) é unha ópera en tres actos con música de Richard Strauss e libreto en alemán do propio compositor. A súa estrea tivo lugar no Teatro Grossherzogliches de Weimar o 10 de maio de 1894 baixo a dirección do propio compositor. Foi a primeira ópera de Strauss e amosa unha forte influencia wagneriana. A música de Guntram cítase no poema tonal de Strauss Ein Heldenleben. O compositor revisou a partitura en 1940.
A ópera non tivo moito éxito, e representouse só unhas poucas veces en vida de Strauss. A primeira representación tivo lugar no Teatro Grossherzogliches de Weimar o 10 de maio de 1894. O papel de soprano de Freihild cantouno Pauline de Ahna, a futura esposa de Strauss. Interpretacións posteriores de Strauss incluíron a Múnic o 16 de novembro de 1895 e Praga o 9 de outubro de 1901. Unha interpretación en Frankfurt tivo lugar o 9 de marzo de 1910 baixo a batuta de Ludwig Rottenberg.
A versión revisada representouse por primeira vez en Weimar o 29 de outubro de 1940, dirixida por Paul Sixt, e máis tarde en 1942 en Berlín dirixida por Robert Heger.
En Hamburg, o 4 de febreiro de 1895, Gustav Mahler incluíu o Preludio ao Acto 1 no seu sexto concerto filharmónico. Incluíu os Preludios aos actos I e II nun concerto en Viena o 19 de febreiro de 1899, e en Nova York o 30 de marzo de 1910 coa New York Philharmonic Orchestra.
Esta ópera case non se representa na actualidade, non aparecendo ningunha representación da mesma nas estatísticas de Operabase durante o período 2005-2010.[1]
Personaxe | Tesitura | Elenco na estrea, 10 de maio de 1894 Director: Richard Strauss |
---|---|---|
Der alte Herzog, o vello duque | baixo | Karl Bucha |
Freihild, súa filla | soprano | Pauline de Ahna, entón prometida de Strauss |
Herzog Robert, seu home | barítono | Franz Schwarz |
Guntram, cantante | tenor | Heinrich Zeller |
Friedhold, cantante | baixo | Ferdinand Wiedey |
Des Herzogs Narr, o bufón do duque | tenor | Hans Gießen |
Eine alte Frau, unha anciá | contralto | Louise Tibelti |
Ein alter Mann, un ancián | tenor | Hr. Lutz |
Dous rapaces | baixos | Hr. Barth Hermann Buche |
Tres vasalos | baixos | Hr. Fischer, Hr. Schustherr, Hr. Henning |
Un mensaxeiro | barítono | Hermann Buche |
Catro minnesingers | 2 tenores e 2 baixos | Hr. v. Szpinger, Hr. Knöfler, Hr. Glitsch, Hr. Weyrauch |
Vasalos, minnesingers, monxes, serventes e vagabundos |
Ambientada na Alemaña medieval, a historia triangular de estilo wagneriano de amor e redención trata sobre o trobador Guntram, o malvado duque Robert e a súa santa esposa Freihild. (A historia non ten relación co rei merovinxio Gontrán I).
O poeta e cantor Guntram disuade a Freihild, a infeliz esposa do despótico duque Robert, do suicidio. Guntram fai un chamamento á paz e decontado urxe a revolta contra o Duque, a quen mata. Gruntram fica preso e reflexiona sobre as súas accións, contra os principios da irmandade cristiá á que pertence, e influído polo seu amor por Freihild decide renunciar á irmandade e a Freihild para procurar o perdón de Deus.
Ano | Elenco (Guntram Freihild O vello duque Duque Robert Friedhold |
Director, Teatro de ópera e orquestra |
Selo[2] |
---|---|---|---|
1981 | William Lewis, Carole Farley, Patrick Wheatley, Terence Sharpe, John Tomlinson |
John Pritchard BBC Symphony Orchestra e BBC Singers |
CD de son: Gala Cat: GL 100787 |
2005 | Gian Luca Zampieri, Elena Comotti, Andrea Martin, Raphael Sigling, Thomas Gazheli |
Gustav Kuhn Festival de Tirol, Erl Orquestra e coro masculino (Gravación en vivo) |
DVD: Col Legno 80004 |
A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |