Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de xuño de 1961 (63 anos) Elazığ, Turquía (pt) |
Mayor of Diyarbakır (en) | |
30 de marzo de 2014 – 11 de xaneiro de 2016 (destitución dun cargo) ← Osman Baydemir – Cumali Atilla (en) → Xunto con: Fırat Anlı Electa en: 2014 Turkish local elections (en) | |
Deputada da Grande Asemblea Nacional de Turquía | |
28 de xuño de 2011 – Lexislatura: 24th Parliament of Turkey (en) Circunscrición electoral: Siirt (en) | |
Q130673527 | |
1 de febreiro de 2010 – 30 de abril de 2014 ← Hamit Geylani (en) – Office dissolved (en) → Xunto con: Selahattin Demirtaş | |
Deputada da Grande Asemblea Nacional de Turquía | |
23 de xullo de 2007 – 28 de xuño de 2011 Lexislatura: 23rd Parliament of Turkey (en) Circunscrición electoral: Diyarbakır (en) | |
Datos persoais | |
Educación | Dicle University (en) Ege University (en) |
Actividade | |
Ocupación | xornalista (–2002), política |
Empregador | Özgür Gündem (en) , correspondente (1992–) Özgür Ülke |
Partido político | Partido Democrático dos Povos (pt) Democratic Society Party (en) Peace and Democracy Party (en) |
Obra | |
Obras destacables | |
Cronoloxía | |
31 de outubro de 2016 | 2016 Arrest of Gültan Kışanak (en) |
Gültan Kışanak, nada en Turquía o 15 de xuño de 1961 [Cómpre referencia] é unha xornalista e política que foi co-presidenta do partido turco Paz e Democracia (BDP)[a]. Foi a primeira alcaldesa de Diyarbakir[b] e parlamentaria independente por esta circunscrición e por Siirt no parlamento turco. Foi detida en 2016 e condenada a catorce anos de prisión por pertenza ao Partido dos Traballadores do Kurdistán, considerada unha organización terrorista por Turquía.[1][2][3]
Comezou os seus estudos na facultade de Educación da Universidade de Dice en 1978, pero foi detida en 1980 e encarceada na prisión de Diyarbakir por dous anos. Segundo o seu propio relato, tivo que habitar na caseta dos cans do garda da prisión durante dous meses logo de negarse a poñerse de pé perante el[4]. Comezou os seus estudos de xornalismo na Universidade de Ege en Esmirna no ano 1986. En 1988 foi detida mentres protestaba contra o ataque de Saddam Husein en Halabja, sendo liberada un ano máis tarde. Graduouse en 1990. Entre os anos 1990 e 1992 escribiu para o xornal Yeni Ülke. Máis tarde traballou como editora en xefe e como coordinadora editorial ou directora de novas en varios xornais de 1990 a 2004. No ano 2004 exerceu como asesora en políticas sociais na municipalidade de Baglar, en Diyarbakir. Estivo implicada na casa de mulleres Kardelen en Diyarbakır.[5]
Presentouse con éxito como candidata independente nas eleccións xerais de Turquía en 2007 e converteuse en parlamentaria por Diyarbakır. Durante a campaña afirmou que "Estas eleccións son importantes porque Turquía está nunha encrucillada. Ou se opta por desenvolver alternativas democráticas ou por traer de volta ás políticas opresivas. Esperamos que as forzas democráticas que saian destes comicios saian reforzadas e axuden a establecer as opcións do diálogo democrático e a paz. Buscaremos solucións non na violencia, senon no parlamento." [6]
A comezos de 2009 informouse de que ela preparara un borrador de lei para que a lingua kurda puidese ser usada nos espazos públicos acompañando a outra do seu partido, o DTP [c][7][8] Nas eleccións xerais de 2011 foi elixida como candidata independente da provincia de Siirt, no sueste do país.[9] En 2014 foi elixida alcaldesa, a primeira de Diyarbakır. Foi detida o 25 de outubro de 2016 polas autoridades turcas xunto co co-alcalde Firat Anli, "baixo o cargo de pertenza ao Partido dos Traballadores do Kurdistán (PKK)".[10] O goberno turco ordenou un apagón de Internet despois deste arresto.[11]
Non obstante, o 26 de outubro uns milleiros de manifestantes solicitaron na casa do concello de Diyarbakir a liberación da co-alcaldesa e o co-alcalde. [10] En novembro a Fiscalía pedía 230 anos de prisión para Kışanak.[12] En febreiro de 2019 foi condenada a 14 anos e 3 meses de prisión por "ser membro dunha organización terrorista" e por "propaganda dunha organización terrorista".[13]
Aparece como personaxe na película de 2008 titulada What a beautiful democracy, que fala da loita das mulleres turcas candidatas ao parlamento.[14]
Foi tamén entrevistada na película Hevî realizada por Yavuz Yüksel.[15]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gültan Kışanak |