Hans Urs von Balthasar

Modelo:BiografíaHans Urs von Balthasar

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de agosto de 1905 Editar o valor en Wikidata
Lucerna, Suíza Editar o valor en Wikidata
Morte26 de xuño de 1988 (82 anos)
Basilea, Suíza Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaChurch of St. Leodegar (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cardeal
28 de xuño de 1988 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Zürich Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico (1939–), teólogo, escritor, tradutor Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaCompañía de Xesús Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEncyclopedia of Catholic Social Thought, Social Science, and Social Policy (en) Traducir, (sec:Balthasar, Hans Urs Von) Editar o valor en Wikidata
Sitio webbalthasarbooks.com Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1721270 Dialnet: 60914

Hans Urs von Balthasar, nado en Lucerna en 12 de agosto de 1905 e finado en Basilea en 26 de xuño de 1988, foi un teólogo católico suízo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou en Viena, Berlín e Zürich, licenciándose en literatura alemá. En 1928 entrou nos xesuítas, e ordenouse en 1936, traballou en Basilea como capelán de estudantes. En 1950 deixou os xesuítas.

En 1953 escribiu Abatide os Bastións, onde defende que a Igrexa non debe situarse ante o mundo moderno como unha inimiga ou unha fortaleza pechada, senón que, seguindo a súa vocación transcendente, debe abrirse e asimilar o bo dos novos sistemas, deixándose interpelar para actualizar os tesouros esquecidos ou aínda non descubertos contidos no depósito da fe. Debido a que os seus traballos non encaixaban nas formulacións tradicionais, as autoridades relixiosas prohíbenlle dar clases. Pronto gañou sona de ser un dos teólogos católicos máis eruditos e profundos. Balthasar sondeaba a fondo figuras filosóficas como Heidegger, Nietzsche, Kierkegaard Martin Buber ou Ernst Bloch.

As desconfianzas que suscitaban en sectores eclesiásticos influentes fixeron que non fóra chamado a colaborar no Concilio Vaticano II. Tras el, rehabilítase a súa figura. En 1971, fundou con Joseph Ratzinger e Henri de Lubac a revista Communio. Continuou cunha produción monumental, abordando unha visión global das diversas dimensións do cristianismo. Unha muller, Adrienne von Speyr, coa que fundou unha orde secular, inspirou en gran medida o enfoque dos seus traballos, tal como en repetidas ocasións recoñeceu.

En 1975 recibiu o galardón literario máis prestixioso que se concede en Suíza: o premio Gottfried Keller. En 1988, foi nomeado cardeal por Xoán Paulo II, que lle amosara publicamente o seu recoñecemento e admiración. Morreu dous días antes da cerimonia. Con Karl Rahner, Balthasar é un dos máis importantes teólogos católicos do século XX, Balthasar foi un tradicionalista, pero á vez moi ecléctico nas súas fontes.

Pensamento

[editar | editar a fonte]

É un ser finito nun mundo finito, pero a súa razón vital está aberta ao ilimitado. É consciente da súa continxencia: podería non ser. Isto faille interrogarse sobre o ser total. A filosofía humana é fundamentalmente teolóxica, posto que formula a cuestión do Ser Absoluto, sexa este concibido como ente persoal ou apersoal.

Escisión entre ser e esencias

[editar | editar a fonte]

O ser semella necesario, pero as esencias concretas poderían non existir. A isto a filosofía deulle varias respostas:

  • para Parménides o Ser é infinito e inmutable, o limitado é unha ilusión; Buda e Plotino pensarán así; a verdade só se acada na fusión co UN, que é á vez o todo e o nada.
  • para Heráclito todo é cambio e movemento, isto significa aceptar a identificación dos contrarios, aceptar o absurdo.
  • para Platón hai que pensar a partir dunha concepción dualista da realidade: o finito non é infinito. Logo o finito é unha caída, un estado de corrupción dende o mundo ideal ao que hai que retornar.
  • para o panteísmo o finito en realidade é necesario para que o Ser desenvolva as súas potencialidades, para que teña algo que amar. Logo se o finito aparente é necesario, é unha prolongación da divindade mesma. Isto é contraditorio, porque entón Deus é indixente. Balthasar rexeita o recurso a Georg Wilhelm Friedrich Hegel onde o Espírito necesita, para o seu autodevenir, dun mundo no que despregarse e onde o home se disolve como concreto individual nun momento especulativo. Para Balthasar, Pascal e Kierkegaard expresáronse máis existencialmente e, xa que logo, máis axeitadamente.

A resposta só pode dala o Ser Absoluto revelándose en si mesmo. A Orixe da linguaxe ha de poder comunicarse e facerse entender. A filosofía de Balthasar é pois unha meta antropolóxica que apunta ao ser e a esencia do ser humano.

O Un, o Bo, o Verdadeiro e o Belido

[editar | editar a fonte]

O home é inconcibible sen o diálogo co outro. Balthasar acepta a idea de Ludwig Feuerbach de que o home existe coexistindo. Isto maniféstase nunha experiencia moi primaria: o neno empeza a adquirir conciencia de si mesmo polo rostro, o sorriso da nai. Aquí percibe catro cuestións básicas:

  • É Un no amor da súa nai, pero non é a súa nai
  • Ese amor é bo, polo tanto, todo o que existe ha de ter un fondo bo
  • Ese amor vívese como auténtico, logo ha ser verdadeiro
  • Ese amor provoca ledicia e alegría, xa que logo, experiméntase como belido.

O Un, o Bo, o Verdadeiro, e o Belido son os atributos transcendentes do ser porque son predicables ao Ser total. Supoñamos que Deus é a Totalidade do Ser, daquela a criatura participa fragmentariamente dos atributos transcendentais que só o son plenamente en Deus. E dánse interiores os uns aos outros, dada a súa plenitude. O verdadeiro tamén é bo, belido e Un. O Ser se se manifesta, marabíllanos e é belido. Ao revelarse, entrégase: é bo. Ao entregarse dise a si mesmo: é verdadeiro. Dende este núcleo desenvolverá o seu pensamento nunha colosal triloxía.

Estética

[editar | editar a fonte]

Balthasar tenta describir ao Ser na súa manifestación progresiva ao home: En Abraham, en Moisés, nos Profetas. Trata de distinguir ao Ser Total que se revela dos intentos filosóficos e relixiosos por acadar a Deus, así como dos ídolos que o home se constrúe na súas repetidas caídas na escravitude da autolatría. Na automanifestación do Ser Absoluto, ata a entrega total en Xesús de Nazaret na súa vida, na súa morte e na súa resurrección, percíbese a beleza (Gloria).

Dramática

[editar | editar a fonte]

Balthasar pasa a se internar na dialéctica entre a liberdade absoluta que se entrega e é graza e a liberdade relativa, fráxil, finita, pero real do home. Estas poden entrar en combate ou entrar en comuñón camiñando cara a mesma dirección que non é outra que o Ser Absoluto mesmo. Isto só será posible se a liberdade finita se exerce por amor como obediencia ao Amor Absoluto manifestado na Liberdade Absoluta.

Balthasar trata de responder como o Ser Absoluto na súa Palabra infinita pode imprimirse na palabra finita, encarnada nun ser humano ínfimo no cosmos e na historia: é o problema da encarnación e as dúas naturezas de Cristo. O anonadamento do Verbo en Xesús de Nazaret.

Aborda tamén o problema de como chega esta Palabra infinita a comunicarse á criatura limitada que é o home, como se fai comprender, como pode ser vital e existencialmente captada: é a cuestión do Espírito Santo.

Deus crea un mundo sen ter necesidade del porque na súa automanifestación se revela como comuñón. Deus é Un, Bo, Verdadeiro e Belido porque é Amor por natureza e o Amor supón o Un, o Outro e a súa Unidade (misterio da Santa Trindade). Polo tanto, a alteridade do cosmos xa non é unha caída, unha corrupción dende unha esfera ideal, senón imaxe de Deus sen ser Deus.

Dado que a Palabra infinita na que Deus se revela é o Verbo, o Fillo, Deus mesmo, esta poderá asumir o ser da criatura (misterio da encarnación). Pode facela entrar na Comuñón do ser Absoluto, sen fundila, sen disolvela (cousa esta última que ocorre nas místicas do budismo ou do hinduísmo. O Ser Absoluto é entrega absoluta; pode abrazar ao home sen facelo desaparecer, sen baleiralo, pode abrazalo plenificándoo, colmando a súa arela esencial de unidade, bondade, beleza e verdade. Uns atributos que no Ser Absoluto e no home son persoais e se procuran mutuamente.

Consecuencias para a fe

[editar | editar a fonte]

A automanifestación do Ser a través de Cristo e a súa cruz só se pode entender se se comprende existencialmente a entrega humana ata a morte como expresión dun amor total. Así pois, a fe é unha resposta individual e colectiva ao amor que se entregou por cada un e por todos. En consecuencia, crer é só amar, e nada pode nin debe ser crido se non o amor. Nunha sociedade onde todo se valora en réditos económicos e adquisición de prestixio social e poder político e onde o demais se despreza como carente de interese e de sentido, o cristianismo ha de proclamar que Só o amor é digno de fe (título dunha das súas obras). A única recompensa é o amor mesmo.

A culpa está desintegrada no Amor absoluto e a total, este sostén e dinamiza na aparencia do absurdo, da inutilidade, da fraxilidade e do contraditorio. No fondo do abismo, do sufrimento, da culpa e da morte está o Bo, o Belido que é Verdadeiro, que é máis Real que a realidade mesma. A recíproca integración de todas as accións de todos aqueles que viven do amor están abertas e se apoian cara ao Infinito. As boas obras só han de ser ecos dese amor.

Consecuencias para a Igrexa

[editar | editar a fonte]

A Igrexa só será auténtica se vive na conciencia da súa impotencia e da súa fraxilidade. Só pode manifestarse o poder do Amor na exposición desprotexida e desinteresada dos que viven do Amor que cura a culpa (o perdón), o sufrimento, o egoísmo e a morte. O poder económico, cultural, comunicativo e político supón a traizón a súa propia esencia. Os movementos e as comunidades que arelan ocupar posicións de poder para axudar así á Igrexa, en realidade a adulteran, ocultan o seu propio ser.

Se o Ser Absoluto revelouse como Amor Absoluto no anonadamento e na Cruz debe renunciarse aos medios de poder mundanos, e a identidade entre evanxelización e influencia socioeconómica, que polas propias regras internas do poder mundano acaba sempre en prepotencia e integrismo. Só na impotencia actúa o superpoder do Amor Absoluto (Quen é cristián, ed. 1993).

Inferno e Esperanza

[editar | editar a fonte]

A sobreabondancia do Amor e o seu poder difusivo, a través dos que viven del, fai que non haxa lugar a unha sistemática sobre cantos se salvarán e cantos se condenarán. Balthasar recolle elementos nas Escrituras e nos Pais da Igrexa que falan da salvación para todos e cada un. Na dimensión do amor sen límites, a esperanza do crente non consiste en salvarse el, a única esperanza que se lle permite ao cristián é a salvación de todos os homes. Balthasar apela á tradición da Igrexa que prega pola salvación de todos e cada un dos homes. E ese prego, esa súplica se é verdadeira e auténtica, debe estar chea de sentido e pode ser eficaz e frutífera. Nese contexto, é como se entende a súa famosa afirmación de que o inferno existe pero quizais estea baleiro.

  • Abatide os bastións (1953).
  • A verdade é sinfónica (1972).
  • Gloria (7 volumes)(1985-1989).
  • Teodramática (5 volumes)(1990).
  • Só o amor é digno de fe (1988).
  • O corazón do mundo (1991).
  • Quen é cristián (1983).
  • Meditacións sobre o credo apostólico (1989).
  • Tratado sobre o inferno (1999).
  • Adrienne von Speyr: vida e misión teolóxica (1986).
  • ¿Por que son aínda cristián?.
  • O cristián e a anguria (1989).