Helí Rolando Tella Cantos

Modelo:BiografíaHelí Rolando Tella Cantos
Biografía
Nacemento(es) Helí Rolando de Tella y Cantos Editar o valor en Wikidata
14 de setembro de 1888 Editar o valor en Wikidata
Gomeán, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de outubro de 1967 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Adai, España Editar o valor en Wikidata
Comandante en xefe
1937 –
Comandante en xefe
1935 – 13 de xuño de 1936
Comandante en xefe
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar (–1943), oficial (–1943), cabaleiro lexionario Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarGenerale di brigata Editar o valor en Wikidata
Conflitoguerra civil española
Guerra do Rif Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1451067

Helí Rolando Tella Cantos, nado en Gomeán (O Corgo) o 14 de setembro de 1888 e finado en Adai (O Corgo) o 9 de outubro de 1967,[1][2] foi un militar galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Pazo de Adai.

Fillo de Policarpo Tella Uz, labrego acomodado, e Mercedes Cantos Camacho, mestra, que finou en 1901.[3] Ingresou na Academia de Infantaría de Toledo en 1907, en 1910 obtivo o despacho de 2º tenente e foi destinado a Marrocos. Participou na Guerra do Rif onde conseguiu varias condecoracións: Medalla Militar Individual (1923) e Cruz Laureada de San Fernando (1925). Ascendido a Tenente Coronel, pertencía ao grupo dos militares africanistas.

Coa instauración da Segunda República Española, mostrou unha aberta hostilidade cara ao réxime. En 1932 secundou a Sanjurjada e foi desterrado a Villa Cisneros no Sáhara Español, de onde fuxiu. Amnistiado polo goberno Lerroux, mandou o primeiro terzo da Legión. Tivo que refuxiarse no Marrocos francés logo de pronunciar un discurso contra a República nun acto oficial. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi xefe dunha das agrupacións da columna Madrid á ordes de Juan Yagüe. Participou na Batalla de Madrid, liderando os avances na fronte de Usera a as posteriores loitas na Cidade Universitaria. Nestes combates resultou ferido, quedando convalecente durante varios meses. O 17 de abril de 1938 foi ascendido a xeneral de brigada.[4] Mandou unha brigada navarra e participou coa 63 División na campaña de Aragón e Cataluña.

Ao remate da Guerra Civil era xeneral de brigada e o 12 de xullo de 1940 foi nomeado comandante da 81 División.[5] En 1941 foi nomeado gobernador militar de Burgos, cesando o 23 de xaneiro de 1942.[6] Despois foi nomeado gobernador militar de Lugo. Involucrouse en intrigas monárquicas contra Francisco Franco e no ano 1943 foi separado do exército acusado de empregar soldados e prisioneiros de guerra nas obras do seu pazo de Adai e na súa fábrica de fariña. Foi confinado en Albacete e despois en Palencia. De volta en Lugo foi vítima dun atentado que non conseguiu acabar coa súa vida, aínda que dúas persoas resultaron mortas. Conseguiu a representación dunha casa norteamericana e facía continuas viaxes a Madrid. Finou no pazo de Aldai.

  • Escuela y patria o la preparación al servicio militar, 1910.
  • Evolución de las ideas sobre el empleo táctico y la organización del terreno para el combate, 1928.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en segundas nupcias con María de la Concepción Cabrera Benito, condesa de Amayuelas, e foi pai de María Cristina Tella Cabrera que casou con Pedro Manuel Díez Ponce de León, IX marqués de Casinas.

  1. El Pueblo Gallego, 11-10-1967, p. 12.
  2. El Progreso, 11-10-1967, p. 2.
  3. El Regional, 30-11-1906, p. 3.
  4. BOE núm. 543 (17 de abril de 1938)
  5. BOE núm. 212 (12 de xullo de 1940)
  6. BOE núm. 29 (29 de xaneiro de 1942)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]