![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de marzo de 1867 ![]() Hadynkivtsi, Ucraína (en) ![]() ![]() |
Morte | 12 de decembro de 1947 ![]() Kíiv, Ucraína ![]() |
Bispo diocesano | |
6 de maio de 1904 – ← Andrei Sheptytskyi – Iwan Słeziuk → | |
Membro da Dieta de Galitzia e Lodomeria | |
![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica e Igrexa católica bizantina ucraína ![]() |
Educación | Universidade de Viena Higher Scientific Institute for Diocesan Priests at St. Augustine's (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Church‘s ministry (en) ![]() ![]() |
Ocupación | bispo católico (1904–), sacerdote católico (1893–), escritor, político ![]() |
Consagración | Andrei Sheptytskyi ![]() |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 28 de decembro ![]() |
O Beato Hryhorii Lukych Khomyshyn[1] (en ucraíno: Григорій Лукич Хомишин; en polaco: Grzegorz Chomyszyn), nado o 25 de marzo de 1867 en Hadynkivtsi (Reino de Galicia e Lodomeria) e finado o 17 de xaneiro de 1947 na prisión de Lukyanivka (RSS de Ucraína) foi un eclesiástico grecocatólico ucraíno, bispo de Stanislaviv dende 1904 até o seu pasamento, e hieromártir beatificado por Xoán Paulo II.
Khomyshyn naceu o 25 de marzo de 1867 na aldea de Hadynkivtsi, na Galicia oriental (hoxe na rexión de Ternopil, Ucraína)[2] Logo de formarse no seminario, foi ordenado sacerdote o 18 de novembro de 1893.[3] Posteriormente estudou Teoloxía na Universidade de Viena entre 1894 e 1899, e en 1902 o metropolita de Galicia Andrei Sheptytskyi nomeouno reitor da Academia Teolóxica de Lviv.[2]
O 6 de maio de 1904 foi nomeado bispo de Stanislaviv, e recibiu a consagración episcopal o 19 de xuño de mans do metropolita Sheptytskyi, e tendo como principais co-consagradores ao arcebispo latino de Lviv Józef Bilczewski, ao arcebispo armenio de Lviv Józef Teodorowicz, e ao bispo de Przemyśl, Sambor e Sanok Kostiantyn Chekhovych. Durante o seu mandato de máis de catro décadas, foi considerado a segunda figura máis influente da Igrexa Católica Ucraína.[4]
A diferenza de Sheptytskyi, Khomyshyn cría que a ICBU debía adoptar unha orientación máis occidentalizada, enfatizando aínda máis a relación da Igrexa coa Santa Sé.[5] Isto significou a introdución de prácticas latinizadas como o calendario gregoriano e unha adhesión estrita ao celibato clerical, que provocaron controversia na súa diocese.[6]
Durante a década de 1930 Khomyshyn promocionou o Partido Popular Católico Ucraíno, nacionalista moderado, que acadou representación no Sejm e no Senado.[6] Foi tamén coñecido pola súa oposición ao antisemitismo e a súa tolerancia referente aos xudeus galicianos, probabelmente grazas á súa propia experiencia como parte da minoría ucraína de Polonia.[7][8] Como resultado da súa postura moderada cara ao nacionalismo ucraíno, foi acusado de "traizón" pola OUN, facéndolle temer pola súa vida.[9]
Khomyshyn foi detido por primeira vez en 1939 polo NKVD. Crítico do sistema soviético, tendo chamado ás forzas de ocupación "bestas feroces animadas polo espírito do diabo",[10] foi detido de novo en abril de 1945, e entón deportado a Kíiv. Na prisión, foi torturado e coaccionado para renunciar á Unión de Brest, o que se negou a facer.[11]
Morreu no hospital da prisión de Lukyanivska de Kíiv o 17 de xaneiro de 1947, logo de ser torturado nun interrogatorio.[12]
O papa Xoán Paulo II beatificouno o 27 de xuño de 2001 na súa visita pastoral a Ucraína, xunto a Mykolai Charnetskyi e compañeiros mártires.[13]
They are fierce beasts animated by the spirit of the devil
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Andrei Sheptytskyi |
Bispo de Stanislaviv 1904 - 1947 |
Sucesor: Ivan Sleziuk |