Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de xuño de 1949 (74 anos) Nova York |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | estadounidense |
Educación | CUNY |
Actividade | |
Ocupación | Profesora emérita, investigadora, escritora |
Empregador | Long Island University (en) |
Joan Patrice McSherry nada en Nova York o 17 de xuño de 1949, é profesora emérita de ciencia política na Universidade de Long Island (LIU)[1] [2] Está especializada no estudo da política latinoamericana e escribiu o libro Predatory States ("Estados depredadores"), que detallaba a participación dos Estados Unidos na Operación Cóndor.[3][4][5] McSherry é presidenta fundadora e directora do Programa de Estudos Latinoamericanos e do Caribe no campus de LIU e colaboradora do Instituto de Estudios Avanzados (IDEA) da Universidade de Santiago de Chile (Usach).[6]
Filla de William Patrick McSherry e Bobette Hope (de solteira Ryan) McSherry.
J. P. McSherry obtivo un BA, Universidade de California en Berkeley en 1971; Mestrado en Artes, Universidade da Cidade de Nova York (CUNY), en 1991; Doutora en Filosofía, CUNY, en 1994.[2]
Asistenta de profesores de escolas públicas, California, 1971-1978. Asistenta de biblioteca, Universidade de California, Berkeley, 1978-1981; investigadora principal, Institute for the Study of Labor and Economics Crisis, San Francisco, 1979-1985; consultora de organizacións sen ánimo de lucro, Nova York, 1986-1990; investigadora asociada no Ralph Bunche Institute nas Nacións Unidas, Nova York, 1988-1994; profesora asistente de relacións internacionais e estudos latinoamericanos na State University of New York (SUNY) desde 1994. Profesora asistente adxunta en CUNY, 1993-1994.[2]
McSherry traballou con varias organizacións non gobernamentais internacionais en cuestións de DDHH antes do seu posgrao. No seu segundo proxecto en Chile fixo unha desviación do seu enfoque a longo prazo da violencia política e o terrorismo de Estado en América Latina, realizando un traballo de campo sobre as relacións entre o Movimiento de la Nueva Canción de Chile e as loitas e movementos políticos populares dos anos 1960 e 1970s[7]. Traballou no Instituto de Estudos Avanzados da Universidade de Santiago de Chile.[8] Foi autora de varios libros e coeditou outro (The Iraq Papers, sobre aspectos éticos, legais, etc. da invasión do Iraq de 2003)[9][10] ademais de informes e publicacións académicas.[11][12][2] Forma parte do consello editorial da revista académica Social Justice.[13] Foi editora asociada para América Latina do Journal of Third World Studies[14] durante trece anos (1997–2010).
Gañou o Premio David Newton de LIU á Excelencia no Ensino en 2008[15] e recibiu o Premio Distinguished Alumni do Programa de Doutoramento en Ciencias Políticas do Centro de Posgraos CUNY en 2009.[2][16] Foi galardoada con varias bolsas do programa Fulbright (Arxentina, 1992; Uruguai, 2005; Chile, 2011).[8] Foi reseñada por Marquis Who's Who como destacada politicóloga, educadora e investigadora.[2]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: J. Patrice McSherry |
A Galicitas posúe citas sobre: J. Patrice McSherry |