Jerry Stackhouse

Modelo:BiografíaJerry Stackhouse

(2020) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de novembro de 1974 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Kinston, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Carolina do Norte en Chapel Hill
Kinston High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura198 cm Editar o valor en Wikidata
Peso99 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, adestrador de baloncesto Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1995 Editar o valor en Wikidata - 2013 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla e Escolta Editar o valor en Wikidata
Número deportivo42 Editar o valor en Wikidata
Convocado porPhiladelphia 76ers Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Milwaukee Bucks
Dallas Mavericks
Miami Heat
Philadelphia 76ers
Detroit Pistons
Atlanta Hawks
Brooklyn Nets
Washington Wizards
1993–1995 North Carolina Tar Heels
Premios

Páxina webjerrystackhouse.com Editar o valor en Wikidata

Jerry Darnell Stackhouse, nado o 5 de novembro de 1974 en Kinston, Carolina do Norte, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Actualmente traballa como adestrador asistente dos Toronto Raptors da National Basketball Association (NBA).

Universidade

[editar | editar a fonte]

Asistiu a Universidade de Carolina do Norte dende 1993 até 1995, onde xogou con Rasheed Wallace. Cos Tar Heels pasou dúas tempadas, facendo na última 19,2 puntos e 8,2 rebotes por partido. Por entón eran inevitables as comparacións con Michael Jordan e dicíase que Stackhouse era o seu sucesor.

Foi elixido por Philadelphia 76ers na terceira posición do Draft da NBA de 1995. Na súa primeira campaña, Stackhouse liderou ao seu equipo en anotación con 19,2 puntos por partidos, sendo nomeado no mellor quinteto de rookies. Na tempada 1996-97, o equipo "drafteou" a Allen Iverson. Combinados, ambos os fixeron 44,2 puntos por partido para os 76ers.

A mediados da tempada 1997-98, foi traspasado a Detroit Pistons con Eric Montross por Theo Ratliff e Aaron McKie. Na 1999-2000, a súa segunda campaña completa cos Pistons, Stackhouse fixo 23,6 puntos por noite. Un ano máis tarde, explotou até os 29,8, anotando 57 puntos a Chicago Bulls na última xornada da liga.

Durante o verán de 2002, Stackhouse foi enviado a Washington Wizards nun traspaso que implicaba a seis xogadores e que mandaba a Richard Hamilton a Detroit. Na súa primeira tempada nos Wizards, Stackhouse liderou ao equipo en anotación con 21,5 puntos por partido. Debido a unha artroscopia no seu xeonllo dereito, Stack perdeuse 26 partidos da campaña seguinte.

Na pretemporada de 2004, Stackhouse foi traspasado xunto con Christian Laettner e unha primeira rolda a Dallas Mavericks a cambio de Antawn Jamison. Stackhouse serviu aos Mavericks no seu novo rol de sexto home, converténdose nun dos mellores da liga. O 8 de xullo de 2009 foi traspasado a Memphis Grizzlies nun troco a catro bandas. Con todo, un día despois da fichaxe foi liberado polos Grizzlies, asinando o 17 de xaneiro de 2010 cos Milwaukee Bucks para o resto da tempada. A seguinte tempada, o 23 de outubro, Stackhouse asinou un contrato para xogar en Miami Heat. O 23 de novembro, foi cortado por Miami para facerlle oco a Erick Dampier.

O 9 de decembro de 2011, Stackhouse asinou cos Atlanta Hawks. Tras unha tempada en Atlanta, asinou cos Brooklyn Nets un contrato dun ano o 11 de xullo de 2012.[1] En 2013 abandona a súa carreira como profesional, pasando en 2015 a formar parte do grupo de adestradores asistentes dos Toronto Raptors.

  1. "Nets Sign 17-Year Veteran Jerry Stackhouse To One-Year Deal". CBS News New York. Consultado o 12 de xullo de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]