José Canalejas

Modelo:BiografíaJosé Canalejas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) José Canalejas Méndez Editar o valor en Wikidata
31 de xullo de 1854 Editar o valor en Wikidata
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de novembro de 1912 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPanteón de homes ilustres Editar o valor en Wikidata
Ministro de Graza e Xustiza
29 de xuño de 1911 – 12 de marzo de 1912
← Antonio Barroso CastilloDiego Arias de Miranda →
Presidente do Consello de Ministros
9 de febreiro de 1910 – 12 de novembro de 1912
← Segismundo MoretManuel García Prieto →
Presidente do Congreso dos Deputados
19 de xaneiro de 1906 – 30 de marzo de 1907
← Antonio Aguilar CorreaEduardo Dato Iradier →
Ministro de Agricultura, Industria, Comercio e Obras Públicas
19 de marzo de 1902 – 31 de maio de 1902
← Miguel VillanuevaFélix Suárez Inclán →
Ministro de Facenda
17 de decembro de 1894 – 23 de marzo de 1895
← Amós Salvador RodrigáñezJuan Navarro Reverter (pt) Traducir →
Deputado das Cortes
3 de marzo de 1891 – 12 de novembro de 1912
Circunscrición electoral: Alcoi
Ministro de Graza e Xustiza
11 de decembro de 1888 – 21 de xaneiro de 1890
← Manuel Alonso MartínezJoaquín López Puigcerver (pt) Traducir →
Ministro de Fomento de España
14 de xuño de 1888 – 11 de decembro de 1888
← Carlos Navarro Rodrigo (pt) TraducirJosé Álvarez de Toledo y Acuña (en) Traducir →
Deputado das Cortes
14 de abril de 1886 – 29 de decembro de 1890
Circunscrición electoral: Alxeciras
Deputado das Cortes
25 de abril de 1884 – 8 de marzo de 1886
Circunscrición electoral: Ágreda
Deputado das Cortes
29 de agosto de 1881 – 18 de decembro de 1883
Circunscrición electoral: Soria (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónInstituto San Isidro
Universidade Central Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, profesor universitario, avogado, militar Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Liberal Fusionista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeMaría de la Purificación Fernández y Cadenas (1903–1912)
María Saint-Aubin Bonnefon (1878–1897) Editar o valor en Wikidata
FillosJosé Canalejas y Fernández
 () María de la Purificación Fernández y Cadenas Editar o valor en Wikidata
PaiJosé Canalejas Casas Editar o valor en Wikidata
IrmánsLuis Canalejas Editar o valor en Wikidata
ParentesFrancisco de Paula Canalejas y Casas, tío paterno
Alejandro Saint-Aubin, irmán da esposa Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteSvensk uppslagsbok
Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Canalejas y Méndez (José), p.67) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1141434 BUSC: canalejas-y-mendez-jose-1854-1912 Dialnet: 3593880 Find a Grave: 10503006 Editar o valor en Wikidata

José Canalejas Méndez, nado en Ferrol o 31 de xullo de 1854 e finado en Madrid o 12 de novembro de 1912,[1] foi un político español, que exerceu o cargo de presidente do goberno entre os anos 1910 e 1912.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era fillo de José Canalejas Casas, un enxeñeiro e político barcelonés que viñera a Ferrol en 1854 para facerse cargo da Escola de Maquinistas da Armada[2], dirixindo tamén o periódico El Eco Ferrolano[3] e da sevillana María del Amparo Méndez Romero. Instalado coa súa familia en Madrid en 1855 cursou os seus primeiros estudos no Colexio de Santoja e o bacharelato no Instituto de San Isidro. Neno prodixio, traduce ós dez anos do francés ó español unha pequena obra titulada Luis o el joven emigrado. Con só once oficia de correspondente político de prensa baixo o pseudónimo de "El cantor de Mugardos".

Inclinado por igual polas leis e polas humanidades, cursou á vez Dereito e Filosofía e Letras, doutorándose nas dúas carreiras. En 1872 é contratado como axudante da cátedra de "Principios xerais da lingua e Literatura Española". Concursa dúas veces á cátedra de Literatura na Universidade Central de Madrid pero non a consegue. A primeira vez gañounaMarcelino Menéndez Pelayo, e a segunda Antonio Sánchez Moguel.

Chegou a ocupar os máis altos cargos de diferentes institucións. Foi decano do Colexio de Avogados de Madrid e presidente da Real Academia de Lexislación e Xurisprudencia. Formou parte da Academia de Ciencias Morais e Políticas e foi membro de número da Real Academia Española da Lingua.

Simpatizante do Partido Demócrata Progresista, de ideas republicanas, abandonaría estas ideas ao se producir a restauración dinástica dos Borbóns integrándose nas filas do Partido Liberal de Sagasta, entón dirixido por Cristino Martos.

En 1876, Canalejas incorpórase ó Colexio de Avogados de Madrid, adquirindo dende os seus primeiros tempos de exercicio profesional a máis alta reputación. A súa dialéctica era áxil e contundente.

Foi deputado por Soria en 1881 e, posteriormente, por Ágreda, Alcoi e Alxeciras. Ocupou diversos cargos durante a rexencia de María Cristina (1885-1902). Foi, en 1883, subsecretario da Presidencia e a comezos de 1888 Ministro de Fomento. Máis tarde, en decembro, foino de Graza e Xustiza. No período do 17 de decembro de 1894 ó 23 de marzo de 1895 desempeñou a carteira do Ministro de Facenda, e en 1902 a de Agricultura, Industria e Comercio.

En 1910 foi nomeado xefe de goberno tras os dramáticos acontecementos da Semana Tráxica de Barcelona e a caída de Antonio Maura.

A cuestión relixiosa resolveuna na chamada Ley del Candado ("Lei do Cadeado") de 1910, que delimitaba as áreas de influencia da Igrexa e do Estado. Con relación ó problema catalán, propuxo o Proxecto de mancomunidades, en colaboración con Prat de la Riba. Interveu na cuestión marroquí, coa ocupación de Larache, Asilah e Alcazarquivir.

Foi asasinado a tiros en Madrid en 1912 polo anarquista aragonés Manuel Pardiñas Serrano, cando se encontraba mirando o escaparate dunha librería da Porta do Sol.[1][4] Foi soterrado no Panteón de Homes Ilustres de Madrid.

Foi ademais de político, periodista, escritor e conferenciante. En 1875, publicou Apuntes para un curso de literatura latina en dous volumes, en 1888, Derecho parlamentario comparado e en 1910 Estudios sobre las Regalías de la Corona de España. Os seus primeiros triunfos como orador conseguiunos no Ateneo. Foron célebres os seus discursos parlamentarios sobre as reformas militares de Cassola, os de apertura da Academia de Xurisprudencia, as conferencias do casino militar.

  • Don Quijote y el derecho. Conferencia. (en castelán).
  • La política Liberal. Conversaciones con D. José Canalejas. Madrid. 1912 (en castelán).
  1. 1,0 1,1 Casanova, Julián (8 de marzo de 2021). "Pistolerismo, violencia social y asesinato de Dato, 100 años después". elpais.com (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2021. 
  2. Burgoa, Juan J. "O cento cincuenta aniversario do nacemento de José Canalejas". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2007. Consultado o 28 de decembro de 2010. 
  3. http://www.filosofia.org/ave/001/a285.htm José Canalejas Casas en Filosofía en español
  4. "El asesinato de Canalejas". Mundo Gráfico (Madrid). suplemento (Suplemento do nº 55): 21–27. 13-11-1912. ISSN 1579-847X. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Carlos Navarro Rodrigo

Ministro de Fomento

1888
Sucesor:
José Álvarez de Toledo y Acuña
Predecesor:
Manuel Alonso Martínez

Ministro de Graza e Xustiza

1888 - 1890
Sucesor:
Joaquín López Puigcerver
Predecesor:
Amós Salvador Rodrigáñez

Ministro de Facenda

1894 - 1895
Sucesor:
Juan Navarro Reverter
Predecesor:
Miguel Villanueva y Gómez

Ministro de Agricultura, Industria, Comercio y Obras Públicas

1902
Sucesor:
Félix Suárez Inclán
Predecesor:
Antonio Aguilar y Correa

Presidente do Congreso dos Diputados

1906 - 1907
Sucesor:
Eduardo Dato Iradier
Predecesor:
Segismundo Moret y Prendergast

Presidente do Consello de Ministros de España

1910 - 1912
Sucesor:
Manuel García Prieto
Predecesor:
Amós Salvador Rodrigáñez

Ministro de Graza e Xustiza

1911 - 1912
Sucesor:
Diego Arias de Miranda
Predecesor:
Vicente Romero Girón

Membro da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas
(medalla n.º 15)

1900 - 12 de novembro de 1912
Sucesor:
Manuel García Prieto