Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de xuño de 1854 Bansko (Imperio Otomán) |
Morte | 4 de marzo de 1918 (63 anos) Roma, Italia |
Bispo titular | |
12 de xuño de 1883 – Diocese: titular see of Satala in Armenia (en) | |
Vigairo apostólico | |
12 de xuño de 1883 – 8 de abril de 1895 Diocese: Vigairía apostólica de Macedonia | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica bizantina búlgara |
Educación | Lycée Saint-Benoît d'Istanbul (en) |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1883–), historiador, sacerdote católico |
Orde relixiosa | Congregación da Misión |
Consagración | Nil Izvorov (en) |
Lazar Dimitrov Mladenov (en búlgaro: Лазар Димитров Младенов), nado o 11 de xullo de 1854 en Bansko e finado o 6 de marzo de 1917 en Roma, foi un eclesiástico católico búlgaro, vigairo apostólico de Macedonia entre 1883 e 1895.
Naceu o 11 de xullo de 1854 en Bansko,[1][2] onde o seu pai era sacerdote e mestre. Mladenov estudou na escola francesa dos lazaristas de Tesalónica, e posteriormente na escola francesa de Constantinopla.[2] Completou a súa formación espiritual en París, onde profesou como membro da Congregación da Misión o 30 de setembro de 1878[1][2] e foi ordenado sacerdote polo arcebispo de París.
En 1878 participou no Congreso de Berlín como parte da delegación francesa, e comezou a exercer o seu ministerio entre os católicos bizantinos búlgaros de Tesalónica.[2] O 12 de xuño de 1883 foi nomeado vigairo apostólico de Macedonia,[1] sendo consagrado bispo titular de Satala o 6 de agosto por Nil Izvorov e tendo como co-consagrantes a Veniamin Efsevidis e a Mihail Petkov. A comezos de 1884 foi convidado a unha reunión con León XIII quen lle confirmou no cargo. Durante o seu episcopado, a unión en Macedonia acadou o seu apoxeo: fundou varias escolas no territorio da vigairía e en 1890 comezou coa construción dunha catedral greco-católica búlgara en Tesalónica.
En 1894 conflitos cos lazaristas lle levaron a deixar o seu cargo, e Epifaniy Shanov foi elixido como o seu sucesor.[3] A comezos de decembro de 1894 acudiu ao Sínodo da Igrexa ortodoxa búlgara en Sofía pedindo ser recibido na ortodoxia,[4] o que foi aprobado o 8 de decembro.[5] En 1895,[1] arrependido, volveu ao catolicismo[4] e en 1896 trasladouse a Roma, onde serviu como asesor en asuntos orientais e foi adxunto á dirección da Biblioteca Vaticana.[2] Finou en Roma o 6 de marzo de 1917.[1]
В изследванията на патриарх Кирил причините за отстъплението на епископ Младенов се свързват най-напред с недоразумения между него и солунските лазаристи във връзка с финансовите им взаимоотношениял.
Синод в София да бъде приет в православието. Молбата била веднага одобрена с постановление от 8 декември.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: (creación da sé) |
Vigairo apostólico de Macedonia 1883 - 1895 |
Sucesor: Epifaniy Shanov |