Liga Nacional de Hockey Hielo

Modelo:Competición deportivaLiga Nacional de Hockey Hielo
Tipoliga deportiva Editar o valor en Wikidata
Deportehóckey sobre xeo Editar o valor en Wikidata
OrganizadorFederación Española de Deportes de Hielo Editar o valor en Wikidata
Número de participantes9 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Vixencia1973 – Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoCH Txuri-Urdin
(2023)
Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Máis títulosCH Txuri-Urdin (15) Editar o valor en Wikidata

A Liga Nacional Hockey Hielo ou LNHH, coñecida por motivos de patrocinio como LNHH Loterías é a máxima categoría do hóckey sobre xeo do estado español. Está regulada pola Federación Española de Deportes de Xeo dende a súa formación en 2006. Anteriormente dependía da Federación Española de Deportes de Inverno.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A pesar de que o primeiro partido de hóckey xeo dun equipo español tivo en lugar en decembro de 1923, non foi ata 1973 cando se instaurou un campionato nacional. Os seis equipos que participaron nesa primeira edición foron: Real Sociedad, FC Barcelona, CH Jaca, CH Valladolid, CG Puigcerdà e CH Madrid.

Os primeiros anos os equipos estaban formados na súa totalidade por xogadores nacionais por petición da Real Sociedad, que quería fomentar este deporte no canto de contratar a profesionais foráneos.

A partir da tempada 1978-79, o campión de España foi convidado a participar na Copa de Europa de Hóckey Xeo. O campionato sénior foi suspendido de 1986 a 1988 debido ás dificultades financeiras dos clubs, que viron como os seus patrocinadores deixaban de achegar cartos.

O 12 de setembro de 2024 presentouse a Liga Ibérica de Hockey Hielo, unha competición disputada por equipos españois e portugueses de xeito simultáneo á LNHH. Na súa primeira edición na tempada 2024-25 conta con sete equipos (seis españois e un portugués) que disputarán 21 xornadas, logo das cales o equipo que encabece a clasificación será proclamado campión. A Liga Ibérica naceu como resultado do acordo de colaboración das federacións de España e Portugal que procura o desenvolvemento do hóckey sobre xeo en ambos países e que no momento da presentación da nova competición tiña previsto ampliarse coa inclusión de Andorra e coa creación da Supercopa Ibérica. A primeira xornada da Liga Ibérica disputouse os días 21 e 22 de setembro. e finalizará o 23 de febreiro de 2025.[1][2][3]

Cada equipo enfróntase ao resto dúas veces ao longo do campionato, unha vez na casa e outra a domicilio. A tempada 2007-08 comezou con 7 equipos, xogándose tres partidos en cada xornada e quedando un equipo sen xogar. A partir da Xornada 3 engadiuse ao club vascofrancés Anglet Hormadi, que xogaría contra o equipo que nun principio descansaba en cada xornada. O venres 14 de decembro de 2007 retirouse o HCG Val d'Aran Vielha e o día 15 o CH Jaca, malia o éxito colleitado na tempada. Ámbolos dous clubs tiveron dificultades económicas e se encontraban sen pista, patrocinadores nin fondos para os desprazamentos. O Aramón CH Jaca reincorporouse ao campionato na tempada 2008-09 con patrocinadores e presuposto renovados.

Dende a tempada 1994-95, trala liga regular dispútanse os playoffs, xogando o 1º clasificado co 8º, o 2º co 7º, o 3º co 6º e o 4º co 5º. Os partidos de cuartos de final xóganse ao mellor de 3 partidos, xogando o equipo mellor clasificado primeiro como visitante e o segundo e terceiro partido (en caso de ser necesario) como local.

As semifinais dispútanse ao mellor de 5 partidos, xogando os equipos mellor clasificados os dous primeiros partidos como locais, o terceiro e o cuarto (en caso de ser necesario) como visitantes, e o quinto de novo como locais. A final xógase ao mellor de 5, seguindo o mesmo sistema que nas semifinais, e o vencedor participa na Copa Continental Europea da IIHF. En caso de renunciar, o subcampión podería obtar a xogar a competición europea.

O formato que se deseñou para os playoff, trala retirada da competición do HCG Val d'Aran Vielha e do CH Jaca, é o seguinte: o primeiro e segundo clasificados na liga regular pasan directamente ás semifinais, mentres que o terceiro e cuarto clasificado disputan 2 partidos, un na casa e outro a domicilio, contra o sexto e o quinto clasificados respectivamente. Os dous equipos gañadores da primeira rolda pasan á semifinal, que xogarán contra o primeiro e segundo, e seguidamente chegan á final. En 2008 o Jaca regresou á competición e mantense o mesmo sistema, quedando o sétimo equipo eliminado do playoff.

Clubs participantes na tempada 2023-2024

[editar | editar a fonte]
Equipo Localidade Estadio Capacidade
Barcelona Barcelona Palau de Gel 1256
CH Huarte Huarte Palacio de Hielo de Huarte 500
Jaca Jaca Pavillón de Xeo 2000
Majadahonda Majadahonda Palacio del Hielo 250
Milenio Panthers Logroño Lobete 600
HC Porto Portugal Porto (Portugal) Sen estadio n/a
Puigcerdà Puigcerdà Pista de Gel 1450
Txuri Urdin San Sebastián Palacio del Hielo 800

Clubs participantes en anteriores edicións

[editar | editar a fonte]
  1. "Liga Ibérica de Hockey Hielo" (PDF) (en castelán e portugués). Real Federación Española de Deportes de Hielo e Federaçao de Desportos de Inverno de Portugal. Consultado o 6 de decembro de 2024. 
  2. "La RFEDH y la FDI-Portugal lanzan la Liga Ibérica de Hockey Hielo". Real Federación Española de Deportes de Hielo (en castelán). 12 de setembro de 2024. Consultado o 6 de decembro de 2024. 
  3. "Presentación de la Liga Ibérica de Hockey Hielo" (en castelán). Consello Superior de Deportes. 11 de setembro de 2024. Consultado o 6 de decembro de 2024. 
  4. Non chegou a participar no campionato.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

A seguinte táboa amosa o resultado final de tódalas edicións disputadas:[1]

Tempada Campión Resultado Finalista 1º da liga regular
2024-25 -
2023-24 Aragón CH Jaca 3 - 2 Comunidade de Madrid Majadahonda HC - Aragón CH Jaca
2022-23 Aragón CH Jaca 3 - 2 Cataluña FC Barcelona - Aragón CH Jaca
2021-22 Cataluña FC Barcelona 3 - 1 Cataluña CG Puigcerdà - Cataluña CG Puigcerdà
2020-21 Cataluña FC Barcelona 3 - 0 Cataluña CG Puigcerdà - Cataluña FC Barcelona
2019-20 Cataluña CG Puigcerdà 2 - 0 CH Txuri-Urdin - Cataluña FC Barcelona
2018-19 CH Txuri-Urdin 3 - 2 Cataluña CG Puigcerdà - CH Txuri-Urdin
2017-18 CH Txuri-Urdin 3 - 0 Aragón CH Jaca - CH Txuri-Urdin
2016-17 CH Txuri-Urdin 3 - 0 Aragón CH Jaca - CH Txuri-Urdin
2015-16 Aragón CH Jaca 3 - 2 CH Txuri-Urdin - CH Txuri-Urdin
2014-15 Aragón CH Jaca 3 - 2 Cataluña CG Puigcerdà - Aragón CH Jaca
2013-14 CD Hielo Bipolo 3 - 1 Cataluña CG Puigcerdà - CD Hielo Bipolo
2012-13 CD Hielo Bipolo 3 - 0 Cataluña CG Puigcerdà - CD Hielo Bipolo
2011-12 Aragón CH Jaca 3 - 1 Cataluña CG Puigcerdà - Aragón CH Jaca
2010-11 Aragón CH Jaca 2 - 0 Cataluña FC Barcelona - Aragón CH Jaca
2009-10 Aragón CH Jaca 3 - 1 Cataluña CG Puigcerdà - Cataluña CG Puigcerdà
2008-09 Cataluña FC Barcelona 2 - 0 Cataluña CG Puigcerdà - Cataluña FC Barcelona
2007-08 Cataluña CG Puigcerdà 2 - 0 Francia Anglet Hormadi - Cataluña CG Puigcerdà
2006-07 Cataluña CG Puigcerdà 2 - 0 Aragón CH Jaca - Cataluña CG Puigcerdà
2005-06 Cataluña CG Puigcerdà 2 - 0 Aragón CH Jaca - Aragón CH Jaca
2004-05 Aragón CH Jaca 3 - 0 CH Txuri-Urdin - Aragón CH Jaca
2003-04 Aragón CH Jaca 3 - 0 Cataluña CG Puigcerdà - Aragón CH Jaca
2002-03 Aragón CH Jaca 3 - 0 Cataluña FC Barcelona - Aragón CH Jaca
2001-02 Cataluña FC Barcelona 3 - 2 Aragón CH Jaca - Aragón CH Jaca
2000-01 Aragón CH Jaca 3 - 1 Cataluña CG Puigcerdà - Aragón CH Jaca
1999-00 CH Txuri-Urdin 2 - 1 Aragón CH Jaca - Aragón CH Jaca
1998-99 CH Txuri-Urdin 2 - 0 Cataluña CG Puigcerdà - Cataluña FC Barcelona
1997-98 Comunidade de Madrid Majadahonda HC 2 - 0 Cataluña CG Puigcerdà - Aragón CH Jaca
1996-97 Cataluña FC Barcelona 2 - 1 Aragón CH Jaca - Aragón CH Jaca
1995-96 Aragón CH Jaca 2 - 0 Cataluña FC Barcelona - CH Txuri-Urdin
1994-95 CH Txuri-Urdin 1 - 0 Aragón CH Jaca - CH Txuri-Urdin

Antes da tempada 1994-95 no existían as eliminatorias finais polo título, salvo por unha tempada de xeito excepcional, a 1985-86, así que o campión era o primeiro da táboa tralo remate da liga regular.

Tempada Primeiro Segundo
1993-94 Aragón CH Jaca - CH Txuri-Urdin
1992-93 CH Txuri-Urdin - Aragón CH Jaca
1991-92 CH Txuri-Urdin - Aragón CH Jaca
1990-91 Aragón CH Jaca - CH Txuri-Urdin
1989-90 CH Txuri-Urdin - Aragón CH Jaca
1988-89 Cataluña CG Puigcerdà - Aragón CH Jaca

Nas tempadas 1986-87 e 1987-88 só houbo campionato en categorías sub-20 e sub-21, pero a Federación Española de Deportes de Xeo recoñece ámbolos dous campionatos como oficiais e como valedeiros para o palmarés xeral da liga española de hockey sobre xeo:

Tempada Primeiro Segundo
1987-88 Cataluña FC Barcelona Sub-21 CH Txuri-Urdin
1986-87 Cataluña FC Barcelona Sub-20 Cataluña CG Puigcerdà
Tempada Campión Resultado Finalista 1º da liga regular
1985-86 Cataluña CG Puigcerdà 1 - 0 Aragón CH Jaca - Cataluña CG Puigcerdà
Tempada Primeiro Segundo
1984-85 CH Txuri-Urdin - Aragón CH Jaca
1983-84 Aragón CH Jaca - Cataluña CG Puigcerdà
1982-83 Vizcaya Bilbao - Aragón CH Jaca
1981-82 Vizcaya Bilbao - Cataluña FC Barcelona
1980-81 Casco Viejo Bilbao - Cataluña FC Barcelona
1979-80 CH Txuri-Urdin - Casco Viejo Bilbao
1978-79 Casco Viejo Bilbao - CH Txuri-Urdin
1977-78 Casco Viejo Bilbao - Cataluña FC Barcelona
1976-77 Casco Viejo Bilbao - Cataluña FC Barcelona
1975-76 CH Txuri-Urdin - Cataluña FC Barcelona
1974-75 Real Sociedad SS - Cataluña FC Barcelona
1973-74 Real Sociedad SS - ?
1972-73 Real Sociedad SS - Comunidade de Madrid CH Madrid
NºTítulos Equipo Campionatos
15 Aragón CH Jaca 1983-84, 1990-91, 1993-94, 1995-96, 2000-01, 2002-03, 2003-04, 2004-05, 2009-10, 2010-11, 2011-12, 2014-15, 2015-16, 2022-23, 2023-24
12 CH Txuri-Urdin 1975-76, 1979-80, 1984-85, 1989-90, 1991-92, 1992-93, 1994-95, 1998-99, 1999-00, 2016-17, 2017-18, 2018-19
6 Casco Viejo Bilbao 1976-77, 1977-78, 1978-79, 1980-81, 1981-82, 1982-83
7 Cataluña FC Barcelona 1986-87, 1987-88, 1996-97, 2001-02, 2008-09, 2020-21, 2021-22
6 Cataluña CG Puigcerdà 1985-86, 1988-89, 2005-06, 2006-07, 2007-08, 2019-20
4 Real Sociedad S.S. 1972, 1972-73, 1973-74, 1974-75
2 CD Hielo Bipolo 2012-13, 2013-14
1 Comunidade de Madrid Majadahonda HC 1997-98

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]