Mark Deutrom

Modelo:BiografíaMark Deutrom
Biografía
NacementoTexas, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónRoyal Academy of Music Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaixista Editar o valor en Wikidata
InstrumentoBaixo Editar o valor en Wikidata

Facebook: markdeutrom Instagram: markdeutrom Youtube: UCQvfVw1b6yBTWaR5ldk30ng Bandcamp: markdeutromSouncloud: mark-deutrom Last fm: Mark+D Musicbrainz: 85cf9aef-aa91-4d8a-9340-04b86ed174d6 Songkick: 2082365 Discogs: 287899 Allmusic: mn0000236137 Editar o valor en Wikidata

Mark Deutrom é un músico, compositor e produtor discográfico. Foi cofundador do selo Alchemy Records, onde traballou de produtor en varias das súas edicións e tocou durante cinco o baixo coa banda The Melvins.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O seu primeiro compromiso profesional tívoo con 15 anos cando tocou na produción de El Paso Community Theater "Jacques Brel is Alive and Well and Living in Paris". O seguinte ano tocou a guitarra na produción "Godspell" da mesma compañía teatral. Ese mesmo ano estudou guitarra clásica con Hector Quine na Royal Academy of Music de Londres durante un curto período de tempo.

Deutrom foi ao California Institute of the Arts de Valencia para estudar composición, e asistíu a seminarios de compositores como John Cage, Lou Harrison, Morton Feldman, Aaron Copland e Morton Subotnick.

A principios dos anos 80 Deutrom foi membro da cooperativa artística dos Ánxeles Werkgruppe, fundada por D. Emily Hicks e Daniel Joseph Martinez, da que Lori Black tamén foi membro. Deutrom contribuíu con varias músicas para as pezas conceptuais de Hicks e Martinez, culminando o seu traballo compoñendo un ambiente sonoro de 23 canles para unha instalación no Olympics Arts Festival en 1984 titulada "The Peoples of Los Angeles".

En 1986 Deutrom co-fundou Alchemy Records en San Francisco. Durante ese tempo no selo produciu un disco para a súa propia banda, Clown Alley, ademais de gravación de Sacrilege, Melvins, RKL e Neurosis. Deutrom tamén produciu un álbum para a banda de Texas Rhythm Pigs, e para os italianos Raw Power para outros selos durante ese tempo. Deixou Alchemy en 1988 e mudouse a Londres.

En 1989 regresou a San Francisco para producir Ozma dos Melvins, onde xa estaba Lori Black, que tamén pertencía a Clown Alley. Deutrom foi o técnico de son da xira europea de 1992 dos Melvins, cando tocaron no Redding Festival por petición de Nirvana, que eran cabezas de cartel, e foi considerada por algún dos organizadores a peor banda que tocou no festival. Deutrom tamén foi o seu técnico nunha banda estadounidense con GWAR, cando Joe Preston estaba na banda.

En 1993 os Melvins preguntáronlle se quería tocar o baixo con eles. Aceptou e tocou entre os ano 1993 e 1998, participando nos traballos Prick, Stoner Witch, Stag, Honky e Alive at the F**ker Club'. Durante este tempo o grupo realizou xiras con Nine Inch Nails, Helmet, L7, White Zombie, Tool, Kiss, Rush e Nirvana.

No ano 1998 Deutrom (Mark D*) gravou un proxecto en solitario chamado The Silent Treatment, que foi editado en 2001 a través do selo Teepee Records. Coproduciu un álbum para a banda texana de bluegrass The Meat Purveyors, titulado Pain By Numbers e editado polo selo Bloodshot Records en 2004.

Nos últimos anos Sunn0))) convidou a Deutrom a xirar por Europa no ano 2006, ademais de realizar varias datas nos Estados Unidos. Tamén fixo traballos de produción con Tony Scalzo de Fastball, e mesturou algúns proxectos das bandas de Austin Gorch Fock e Tia Carrera. Deutrom recentemente rematou a produción do álbum de estrea do grupo de Texas Woodgrain.