(2011) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de xaneiro de 1937 Santiago de Chile |
Morte | 15 de xuño de 2019 (82 anos) Vancouver, Canadá |
Causa da morte | cancro |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Chile |
Ideoloxía política | Marxismo e Materialismo |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , filósofa , socióloga , escritora , psicóloga |
Partido político | Partido Socialista de Chile Partido Comunista de Cuba |
Lingua | Lingua castelá |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Cónxuxe | Manuel Piñeiro Losada (1972–1998) Michael A. Lebowitz |
Marta Harnecker, nada en Chile en 1937 e finada en Vancouver o 15 de xuño de 2019, foi unha pensadora[1] marxista chilena.[2]
Foi unha pensadora marxista da corrente de Louis Althusser de quen foi discípula.[1]
Participou no Goberno de Unidade Popular de Salvador Allende e asesorou a Hugo Chávez.[1]
Foi convidada da Semana Galega de Filosofía.[2]
Durante os seus anos de estudante foi parella de Rodrigo Ambrosio, un dos fundadores do MAPU.[2] Casou con Manuel Piñeiro, xefe dos órganos de seguridade de Cuba. Tiveron unha filla, Camila Piñeiro. Posteriormente casou co economista marxista Michael Lebowitz, residindo no Canadá. Harnecker dividiu o seu tempo entre este país, La Habana, onde vive a súa filla e Caracas, onde oficialmente seguía habitando e onde recibiu o Premio Libertador al Pensamiento Crítico, o 15 de agosto de 2014.[3]
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |