María Rodríguez Vázquez, coñecida como María Vázquez, nada en Vigo o 19 de marzo de 1979, é unha actriz galega.
Aínda que nada en Vigo, a súa vida está moi ligada á Barrela, a terra da súa nai e avós maternos e a Ourense, onde pasou a súa adolescencia, e tamén a Belesar (Chantada). María Vázquez ten participado en películas e series de televisión, tanto con intervencións como con varios personaxes fixos. Estudou ballet e na escola de arte dramática Juan Carlos Corazza en Madrid.[1]
Comezou a súa carreira profesional a finais dos anos 90, cunha participación secundaria en varios episodios de Al salir de clase. Desde entón desenvolveu un intenso traballo actoral en España, e con moita vinculación a Galicia. Ten aparecido en longametraxes cinematográficas de proxección, ás ordes de directores tan coñecidos como Montxo Armendáriz ou Icíar Bollaín. Outro ámbito no que ten desenvolvido interpretación é a pequena pantalla, con papeis en series de TVE 1, Antena 3, Telecinco e da TVG.
En 2024 foi pregoeira da Festa do queixo de Arzúa e da Feira da carne ó caldeiro de Castro.
É irmá da guionista Tatiana Rodríguez e está casada co actor Víctor Duplá dende 2006.[2]
- San Bernardo (2000), de Joan Potau. Como Recepcionista.
- Silencio roto (2001), de Montxo Armendáriz. Como Sole.
- Deseo (2002), de Gerardo Vera. Como Raquel.
- O ano da carracha (2004), de Jorge Coira. Como Patricia.
- A golpes (2005), de Juan Antonio Córdoba. Como Vicky.
- La noche del hermano (2005), de Santiago García de Leániz. Como María.
- La dama boba (2006), de Manuel Iborra. Como Clara.
- Mataharis (2007), de Icíar Bollaín. Como Inés.
- A mariñeira (2008), de Antón Dobao. Como Patrocinio.
- O club da calceta (2009), de Antón Dobao.
- 18 comidas (2010), de Jorge Coira.
- Lapsus (2010), de Oriol Paulo.
- Outro máis (2011), de Ricardo Llovo.
- A praia dos afogados (2014), de Gerardo Herrero.
- María (e os demais) (2016),[3] de Nely Reguera.
- Trote (2018). Protagonista, como Carme. De Xacio Baño.
- Quen a ferro mata (2019),[4] de Paco Plaza.
- Cuñados (2021), longametraxe de Toño López.
- Matria (2023)[5]
- Sobre todo de noche (2023), de Víctor Iriarte[6]
- +Cuñados (2024), longametraxe de Luis Avilés.
- Historias mínimas (2012), dirixida por Víctor Duplá.[9]
- Animal (2013), dirixida por Rubén Ochandiano.[10]
- La evolución (2014), dirixida por Rubén Ochandiano.
- Femenino singular (2014), dirixida por Emilio del Valle.[11]
- Sueño (2016), dirixida por Andrés Lima.[12]
- A leituga (2019), dirixida por Víctor Duplá.[13]
- Fariña (2019), dirixida por Tito Asorey.[14]
Ano |
Categoría |
Filme |
Resultado
|
2007 |
Mellor actriz secundaria |
Mataharis |
Nomeada
|
Ano |
Categoría |
Filme |
Resultado
|
2007 |
Mellor actriz secundaria |
Mataharis |
Gañadora
|
- Premio Ojo Crítico de Cine de RNE
- Premio Cineuropa 2019.[16]
- Mellor actriz Festival de Cinema de Málaga 2023 pola longametraxe Matria.[17]
- Golden Space Needle Awards 2023 do Festival de Cine de Seattle]]: premio especial do xurado na categoría iberoamericana pola súa interpretación en Matria .[18]
- 2023: Premio Mulleres no Foco 2023 da Deputación de Pontevedra e a Asociación de Mulleres CIMA. Polo "rostro familiar" que transmite nos seus traballos converténdose nun referente que visibiliza a muller no audiovisual.[19]
- 2024: O Festival de Cans, na súa XXI edición, acordou concederlle o seu Premio Pedigree de Honor.[20]
- 2024: Premio Cinema Galego do FIC de Bueu.[21]
- ↑ Piñeiro, Miguel (2019-11-18). "María Vázquez y una carrera iniciada gracias a un almacén y una farmacia". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2019-11-18.
- ↑ Juarez, Ana Sanchez (2007-02-09). "Cuatro historias de amor y una de desamor". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-06-30.
- ↑ "María (y los demás), Bárbara Lennie, Jose Ángel Egido, Nely Reguera". LaHiguera.net (en castelán). Consultado o 2019-09-16.
- ↑ "Quien a hierro mata (2019)" (en castelán). Consultado o 2019-08-30.
- ↑ "María Vázquez: "Se non tes case para vivir, non tes liberdade para tomar decisións e saír de entornos tóxicos"". Pontevedra Viva. Consultado o 2023-03-25.
- ↑ REDACCIÓN (2023-07-28). "La viguesa María Vázquez, a la Biennale de Venecia". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-07-28.
- ↑ "Hospital Real". ficcion-producciones.com. Consultado o 16/09/2019.
- ↑ "María Vázquez: películas, noticias, biografía, fotos". LaHiguera.net (en castelán). Consultado o 2019-09-16.
- ↑ "María Vázquez". Trama Films Entertainment S.L. (en castelán). Consultado o 2019-09-16.
- ↑ "Animal, Rubén Ochandino". rubenochandino.es. Arquivado dende o orixinal o 01/08/2016. Consultado o 16/09/2919.
- ↑ "Feminino singular". muestrateatro.com. Arquivado dende o orixinal o 09/11/2019. Consultado o 16/09/2019.
- ↑ "Sueño. Abadía Teatro". teatroabadia.com. Consultado o 16/09/2019.
- ↑ "Victor Duplá debuta con "A leituga"". laregion.es. Consultado o 16/09/2019.
- ↑ ""Fariña" chega ao teatro". erreguete.gal. Consultado o 16/09/2019.
- ↑ "CEC Círculo de Escritores Cinematográficos". www.cinecec.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2018. Consultado o 2019-11-09.
- ↑ "Cineuropa arrancó con el premio a la actriz gallega María Vázquez". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2019-11-09.
- ↑ "A viguesa María Vázquez faise co premio á mellor actriz no Festival de Cinema de Málaga". Nós Diario. 18 de marzo de 2023.
- ↑ "Seattle International Film Festival 2023 Award Winners". www.siff.net (en inglés). Consultado o 2023-05-22.
- ↑ "Premiadas as actrices Mariana Carballal e María Vázquez coa produtora Beli Martínez nos Mulleres no Foco". Pontevedra Viva. 2023-10-21. Consultado o 2023-10-21.
- ↑ "María Vázquez, premio Pedigree 2024". Festival de Cans. 2024-03-14. Consultado o 2024-03-14.
- ↑ Hernández, Marta (2024-07-25). "El FIC de Bueu homenajeará a la actriz María Vázquez". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2024-07-30.