Nome orixinal | (en) Michael Crawford |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 7 de decembro de 1939 Twickenham, Reino Unido (pt) |
País de nacionalidade | Británica |
Educación | - Universidade de Oxford |
Q89547790 | - Estudos de moeda grega e romana. - Estudos de historiografía antiga |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e historiografía. |
Ocupación | historiador, profesor universitario, numismático, erudito clásico |
Empregador | University College de Londres |
Membro de | |
Premios | |
- (1984) Medalla da Royal Numismatic Society. - (1984) Jeton de Vermeil da SFN. - (2001) Oficial da Orde das Palmas Académicas da República Francesa. - (2002) Medalla Huntington, da ANS. - (2017): Premio Derek Allen, da Academia Británica. | |
Lista
| |
Membro de: Academia Británica. Instituto Lombardo. Instituto de Francia. |
Michael Hewson Crawford, nado en Twickenham, no Gran Londres, o 7 de decembro de 1939, é un numismático e historiador británico especializado en Historia antiga.[1]
O interese dos seus estudos céntrase na "economía antiga e a historia monetaria, a historia da Italia antiga e do dereito romano". Crawford é coñecido principalmente polas súas obras Roman Republic Coinage (1974), texto de referencia para o estudo das emisións monetarias da República de Roma, e Roman Statutes (1996), un corpus da lexislación aprobada polas asembleas do pobo romano.[2][3]
Crawford tivo a súa formación secundaria na escola pública londiniense St Paul's School e realizou os seus estudos universitarios na Universidade de Oxford (Oriel College) e na Escola Británica de Roma.[1]
En 1964 foi elixido como bolseiro investigador na Universidade de Cambridge (Christ's College) e desde 1969 ata 1986 mantivo a súa vinculación con esa universidade, na área de Historia Antiga.[1][3]
Durante ese período, no curso 1964-1965 foi tamén profesor visitante na Universidade de Princeton.
Entre 1986 e 2005 pasou a exercer como profesor desa mesma disciplina no University College London, do que se converteu en profesor emérito logo da súa xubilación.[1][3][4]
Ademais dos seus dous destinos principais, na Universidade de Cambridge e no University College London, Crowford foi tamén profesor visitante en diversas institucións académicas europeas, como as universidades itálicas de Pavia (1983 e 1992), Padua (1986), San Marino (1989), Milán (1990) e L'Aquila (1990), ou as parisienses École Normale Supérieure (1984), École Pratique des Hautes Études (1997) e École des Hautes Études en Sciences Sociales (1999).
Esta é unha listaxe das monografías publicadas por Crawford en materia historiográfica e numismática:[9]