Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de xuño de 1975 (49 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | actriz, actriz de cinema |
Período de actividade | 1996 - |
|
Mónica Estarreado, nada en Madrid o 29 de xuño de 1975, é unha actriz española.
Fíxose popular por mor da súa participación en varios seriais televisivos desde El Súper, serie na que comezou en 1996, ata o seu pasado traballo en Yo soy Bea, serie na que interpretaba o papel de Cayetana de la Vega. Al salir de clase e La verdad de Laura son outras das series nas que tivo papeis fixos, ademais de colaborar noutras producións como Siete vidas, A tortas con la vida ou Paraíso.
En cine cabe destacar os seus papeis en En la ciudad sin límites, de Antonio Hernández, e Más de mil cámaras velan por tu seguridad, de David Alonso, con Antonio Hortelano e Laura Manzanedo, coa que xa coincidira en Al salir de clase.
Tras abandonar Yo soy Bea a finais de 2008, en maio de 2009 incorporouse a outra serie de Telecinco, Hospital Central na que traballa ata o seu final en 2012. En 2010, únese ao elenco de La reina del Sur, de trece capítulos, que se emitiu en Antena 3.