Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de xuño de 1877 Dobromirka, Ucraína (en) |
Morte | 1 de outubro de 1949 (72 anos) Qarağandı, Casaquistán |
Bispo católico oriental | |
13 de outubro de 1912 – | |
Bispo diocesano | |
15 de xullo de 1912 – 9 de novembro de 1928 Diocese: Arquieparquia de Winnipeg (pt) | |
Bispo titular | |
15 de xullo de 1912 – Diocese: Patara (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica bizantina ucraína |
Educación | Universidade de Viena Universidade de Innsbruck Higher Scientific Institute for Diocesan Priests at St. Augustine's (en) Collegium Canisianum |
Actividade | |
Ocupación | presbítero greco-católico (1905–) |
Consagración | Andrei Sheptytskyi |
Enaltecemento | |
| |
Día de festividade relixiosa | 1 de outubro |
O Beato Nykyta Budka (en ucraíno: Никита Будка), nado o 7 de xuño de 1877 en Dobromirka (Reino de Galicia e Lodomeria) e finado o 1 de outubro de 1949 nun campo de concentración en Qarağandı (RSS de Casaquistán), foi un eclesiástico católico ucraíno, exarca apostólico do Canadá entre 1912 e 1928, e posteriormente mártir baixo o réxime soviético.
Nykyta Budka naceu o 7 de xuño de 1877 na aldea de Dobromirka, no Reino de Galicia e Lodomeria (hoxe no distrito de Zbarazh da rexión de Ternopil).[1][2] Logo de rematar a súa formación teolóxica no Collegium Canisianum de Innsbruck, foi ordenado sacerdote o 14 de outubro de 1905 polo metropolita Andrei Sheptytskyi,[1][2] e dende o comezo prestou moita atención á emigración ucraína.[2] O 8 de xaneiro de 1909 doutorouse en Teoloxía polo Frintaneum de Viena.[1][2]
O 15 de xullo de 1912 a Santa Sé nomeouno exarca apostólico do Canadá e bispo titular de Patara,[2] recibido a consagración episcopal o 13 de outubro de 1912 de mans de Andrei Sheptytskyi, e tendo como co-consagradores a Hryhorii Khomyshyn e a Konstantyn Chekhovych.[1]
En novembro de 1928 renunciou como exarca e volveu a Lviv como bispo auxiliar, e alí foi vigairo xeral.[1][2] O 11 de abril de 1945 foi arrestado xunto a outros bispos e condenado a oito anos de prisión. Caracterizouse por un constante apoio espiritual e consolación aos seus compañeiros no campo de concentración. Finou como mártir en Qarağandı, segundo algunhas fontes o 1 de outubro[2] e segundo outras o 6 de outubro de 1949.[1][3][4] O seu cadáver foi abandonado no bosque para ser devorado pola fauna salvaxe.[2]
O papa Xoán Paulo II beatificouno o 27 de xuño de 2001 na súa visita pastoral a Ucraína, xunto a Mykolai Charnetskyi e compañeiros mártires.[5][6]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nykyta Budka |