«Pennyroyal Tea» | |||||
---|---|---|---|---|---|
sinxelo de Nirvana | |||||
do álbum 'In Utero' | |||||
Lanzamento | 1994 | ||||
Formato | {{{formato}}} | ||||
Gravada | 1993 | ||||
Xénero musical | Rock alternativo, grunge | ||||
Lingua(s) | {{{lingua}}} | ||||
Duración | 3:36 | ||||
Discográfica | DGC | ||||
Produtor(es) | Steve Albini | ||||
Escritor(es) | Kurt Cobain | ||||
Cronoloxía | |||||
| |||||
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
"Pennyroyal Tea" é unha canción da banda estadounidense de grunge Nirvana, editado en 1994 como parte do seu terceiro e derradeiro álbum de estudio, In Utero. Iniciamente estaba pensado para ser lanzada como sinxelo en abril de 1994, pero despois de que Kurt Cobain aparecese morto a principios dese mes, a súa edición suspendeuse.
Aínda que a meirande parte das copias de "Pennyroyal Tea" foron retiradas do mercado tras o suicidio de Cobain, algunhas foron vendidas. A maioría deberían ser destruídas na fábrica de BMG en Alemaña, pero algunhas copias foron roubadas e posteriormente atopáronse en coleccións privadas ou en sitios de poxas.