Nome orixinal | (fr) Pierre Denis (br) Per Denez ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (fr) Pierre Joseph Albert Victor Denis ![]() 3 de febreiro de 1921 ![]() Rennes, Francia ![]() |
Morte | 30 de xullo de 2011 ![]() Romillé, Francia ![]() |
Educación | Universidade de Rennes Lycée Saint-Martin (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor, lingüista, esperantista ![]() |
Empregador | Universidade de Rennes 2 Alta Bretaña ![]() |
Alumnos | Alan Botrel, Yann Bouëssel du Bourg e Gwenaël Leduc ![]() |
Pseudónimo literario | Per Denez ![]() |
Obra | |
Doutorando | Alan Botrel, Françoise Morvan, Yann Bouëssel du Bourg e Gérard Cornillet (en) ![]() ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Marcelle Stéphan (1949–2001) ![]() |
Fillos | Gwendal Denis ![]() |
Premios | |
![]() ![]() |
Pêr Denez (en francés: Pierre Denis), nado en Rennes o 3 de febreiro de 1921, e finado en Romillé o 30 de xullo de 2011, foi un escritor bretón.[1] Grazas ás súas contribucións no xénero das novelas, ós ensaios e obras sobre lingüística, contribuíu a preservar e potenciar a lingua bretoa escrita.[2]
Traballou como mestre de inglés en Douarnenez e foi profesor de bretón na Universidade de Alta Bretaña Rennes-2. En 1981, grazas ás súas peticións, creouse a licenciatura de lingua bretoa por decisión persoal do daquela presidente da República Francesa, François Mitterrand.
Foi presidente do Consello científico e de animación do Instituto Cultural da Bretaña dende 1984 e tamén presidente da federación de asociacións da lingua bretoa, Kuzul ar Brezhoneg. Ademais exerceu como Presidente do Comité de apoio a Unión Democrática Bretoa nas eleccións rexionais de 1998. En marzo de 1999 provocou unha forte polémica cando o xornal Armor Magazine lle preguntou polo nome dos personaxes máis significativos da Bretaña dos trinta últimos anos, e deu os nomes de Jean-Michel Kernaleguen e Christian Le Bihan, militantes da Fronte de Liberación da Bretaña.
Fundou as revistas bretoas Kened, Ar Vro (1959) e Hor Yezh, das que foi director, así como a editorial Mouladurioù Hor Yezh. En 1989 recibiu a Orde do Armiño, e en 1993 recibiu a Creu de Sant Jordi da Generalitat de Cataluña.