Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | provincia de Valencia | ||||
Comarcas da Comunidade Valenciana | Horta Sud | ||||
Capital | Quart de Poblet (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 25.590 (2023) (1.305,61 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá (lingua predominante) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 19,6 km² | ||||
Altitude | 40 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Cristina Mora Luján (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 46930 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 46102 | ||||
ARGOS ID (en) | 46102 | ||||
Páxina web | quartdepoblet.es | ||||
Quart de Poblet (en valenciano e oficialmente Quart de Poblet) é un concello da Comunidade Valenciana que se atopa na comarca da Horta Oest. Limita con Aldaia, Xirivella, Manises, Mislata e Paterna (da Horta de Valencia); con Xiva (Foia de Bunyol), Riba-roja de Túria (Camp de Túria) e a cidade de Valencia.
Situado entre a Horta Sud valenciana e a chaira de Quart. A superficie do termo é completamente cha. O río Turia cruza o termo polo norte e polo oeste circula a rambla del Poyo. O clima é mediterráneo, con choivas no outono e primavera; os ventos dominantes son os do oeste e o leste.
Pódese acceder a esta localidade a través das liñas 3 e 5 de Metro Valencia.
Os principais eixes de tráfico rodado situados ao oeste da área metropolitana de Valencia atravesan o termo municipal de Quart de Poblet. Así, tanto o casco urbano como os numerosos polígonos industriais están conectados por autovía con municipios circundantes e outras estradas de gran capacidade.
Ademais, diversas liñas de Metrobús conectan Quart de Poblet con Valencia e outras localidades.
No concello de Quart de Poblet atópanse tamén os seguintes núcleos de poboación:
Quart de Poblet conta cunha poboación de 25.441 habitantes (INE 2008).
Un 5,5% da poboación de Quart de Poblet é da inmigración (INE 2007).[1]
Evolución demográfica de Quart de Poblet[2] | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1857 | 1887 | 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 1996 | 2001 | 2006 | 2007 | 2008 | |||
1.674 | 1.921 | 1.814 | 2.263 | 2.644 | 3.152 | 3.993 | 5.408 | 10.571 | 20.529 | 27.409 | 27.404 | 27.112 | 25.739 | 25.430 | 25.340 | 25.441 |
Os cultivos principais son de regadío: laranxeiras, pereiras, hortalizas, cebolas, patacas etc. En terras de secán culítivanse cereais, vide, alfarrobeiras e oliveiras.
As industrias tradicionais son téxtiles, refractarios, cerámica etc.