Quinn Buckner

Modelo:BiografíaQuinn Buckner

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de agosto de 1954 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Phoenix, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónThornridge High School (en) Traducir
Universidade de Indiana (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura190 cm Editar o valor en Wikidata
Peso190 lb Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, adestrador de baloncesto Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1976 Editar o valor en Wikidata - 1986 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoBase Editar o valor en Wikidata
Convocado porMilwaukee Bucks Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Dallas Mavericks
Milwaukee Bucks
Boston Celtics
Indiana Pacers
Indiana Hoosiers football
1972–1976 Indiana Hoosiers
Participou en
1976Xogos Olímpicos de 1976
1974Campeonato Mundial de Basquetebol Masculino de 1974 (pt) Traducir
1973Universíada de Verão de 1973 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

William Quinn Buckner, nado o 20 de agosto de 1954 en Phoenix, Illinois, é un ex xogador e adestrador de baloncesto estadounidense que xogou 10 tempadas na National Basketball Association (NBA), ademais de adestrar unha tempada aos Dallas Mavericks. Con 1,90 metros de altura, facíao na posición de base.

É un dos oito únicos xogadores que conseguiu gañar a NCAA, a NBA e os Xogos Olímpicos. Os outros sete son Clyde Lovellette, Bill Russell, K.C. Jones, Jerry Lucas, Michael Jordan e Magic Johnson.[1]

Traxectoria deportiva

[editar | editar a fonte]

Universidade

[editar | editar a fonte]

Xogou durante catro tempadas cos os Hoosiers da Universidade de Indiana, nas que tivo unha media de 10,0 puntos, 4,5 asistencias e 3,8 rebotes por partido.[2] Foi incluído en dúas ocasións no mellor quinteto da Big Ten Conference,[3] conseguindo ademais gañar o título da NCAA en 1976 tras derrotar na final á Universidade de Míchigan por 86-78, tras unha tempada perfecta para o equipo de Bobby Knight, na que lograron 32 vitorias por ningunha derrota.[4]

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Foi convocado coa selección de baloncesto de Estados Unidos que competiu no Campionato Mundial de Baloncesto de Porto Rico 1974,[5] nos que gañaron a medalla de bronce. Xogou nove partidos, nos que fixo 6,6 puntos por encontro.[6]

Posteriormente foi convocado por Dean Smith para disputar os Xogos Olímpicos de Montreal 1976, nos que gañaron a medalla de ouro. Xogou seis partidos, nos que fixo 7,3 puntos e 3 rebotes por partido, logrando o seu mellor rexistro nas semifinais ante Canadá, onde anotou 12 puntos.[7]

Profesional

[editar | editar a fonte]

Foi elixido na sétima posición do Draft da NBA de 1976 por Milwaukee Bucks,[8] onde se mostrou desde o primeiro momento como un especialista defensivo. Xa na súa primeira tempada acabou en cuarta posición da liga en balóns recuperados, con 2,4 por partido,[9] co mérito engadido de facelo con tan só 26 minutos en pista. Rematou as súas estatísticas ese ano con 8,6 puntos e 4,7 asistencias.[10] Ese ano conseguiu ademais ser o primeiro xogador en roubar oito balóns nunha soa parte dun partido, ante New Jersey Nets o 27 de novembro de 1976, que segue sendo marca da NBA compartido con outros once xogadores.[11]

Ao ano seguinte a súa capacidade defensiva sería recoñecida pola liga, sendo incluído no segundo Mellor quinteto defensivo da NBA,[12] algo que se repetiría noutro tres ocasións na súa carreira, en 1979, 1980 e 1981. Xogou catro tempadas máis cos Bucks, sendo a máis completa a 1980, na que tivo unha media de 13,3 puntos, 4,7 asistencias, 3,6 rebotes e 2,4 roubos de balón.[13] Antes do comezo da tempada 1982-83 foi traspasado a Boston Celtics a cambio do pivote zurdo Dave Cowens,[14] Alí repartiuse as funcións de base con Tiny Archibald, nun equipo que contaba xa con Larry Bird, Kevin McHale ou Robert Parish, acabando a súa primeira tempada con 7,9 puntos e 3,8 asistencias por partido.[15]

A chegada de Dennis Johnson ao equipo na tempada 1983-84 relegoulle definitivamente ao banco, pero a cambio deulle o seu primeiro e único anel de Campión da NBA, batendo na final aos Lakers de Magic Johnson por 4 vitorias a 3.[16] Xogou unha tempada máis cos Celtics, pero as súas aparicións en pista foron cada vez menos frecuentes. Finalmente, ao termo da tempada 1984-85 foi traspasado a Indiana Pacers a cambio dunha futura segunda rolda do draft.[14] Alí disputaría a súa última tempada, na que só foi aliñado en 32 partidos antes de ser cortado no mes de xaneiro. Trala súa saída do equipo, decidiu retirarse definitivamente.

Adestrador

[editar | editar a fonte]

Na tempada 1993-94 foi contratado como adestrador principal dos Dallas Mavericks,[17] mais a súa experiencia non puido ser peor, asinando un dos peores comezos dun equipo nunha tempada, ao gañar unicamente dous dos primeiros 40 partidos,[18] sendo finalmente despedido ao termo da tempada, na que obtiveron o peor balance de toda a liga.[19]

Vida posterior

[editar | editar a fonte]

Tras deixar o baloncesto en activo, adicouse a ser comentarista en diferentes cadeas de televisión, como a ESPN, a NBC ou a CBS. En 1998 foi contratado como analista dos Pacers nas retransmisións por cable, e en 2004 foi nomeado Vicepresidente de Comunicación do equipo.[20]

  1. "HS Then & Now: Soph Griggs Kicks Eagles To Win In O.T.". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 11 de abril de 2010. 
  2. Ficha de Buckner en TDR
  3. ITH Super Happy Fun Time Top 10 List: Quinn Buckner
  4. "Buckner starred under Knight's tutelage in '76". Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2009. Consultado o 11 de abril de 2010. 
  5. "USA Men's World Championship All-Time Roster by Affiliation". Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2010. Consultado o 11 de abril de 2010. 
  6. "VII World Cup (San Juan 1974)". Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2010. Consultado o 11 de abril de 2010. 
  7. "Quinn Buckner Biography and Olympic Results". Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2008. Consultado o 11 de abril de 2010. 
  8. 1976 NBA Draft
  9. "1976-77 NBA Expanded Leaders". Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2010. Consultado o 11 de abril de 2010. 
  10. "1976-77 Milwaukee Bucks Roster and Statistics". Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2009. Consultado o 11 de abril de 2010. 
  11. "Regular Season Records: Steals". Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2007. Consultado o 11 de abril de 2010. 
  12. "1977-78 NBA Season Summary". Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2012. Consultado o 11 de abril de 2010. 
  13. "1980-81 Milwaukee Bucks Roster and Statistics". Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2009. Consultado o 11 de abril de 2010. 
  14. 14,0 14,1 "Quinn Buckner Transactions". Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2016. Consultado o 11 de abril de 2010. 
  15. "1982-83 Boston Celtics Roster and Statistics". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2010. Consultado o 11 de abril de 2010. 
  16. "Celtics Win First Bird-Magic Finals Showdown". Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2012. Consultado o 11 de abril de 2010. 
  17. "Quinn Buckner NBA & ABA Basketball Coaching Record". Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2015. Consultado o 11 de abril de 2010. 
  18. "1993-94 Dallas Mavericks Schedule and Results". Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2011. Consultado o 11 de abril de 2010. 
  19. "Mavericks fire rookie coach Quinn Buckner. (Dallas Mavericks head coach)". Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2016. Consultado o 11 de abril de 2010. 
  20. Quinn Buckner Vice President/Communications, Pacers Sports & Entertainment Indiana Pacers, Cable TV Cor Analyst

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]