![]() Roger Bland en 2010 | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de abril de 1955 |
Chair of the Treasure Valuation Committee (en) ![]() | |
11 de agosto de 2020 – | |
34º Presidente da Real Sociedade Numismática | |
2018 – ← Andrew Burnett | |
30º Presidente da Sociedade Numismática Británica | |
2012 – 2016 ← Robin John Eaglen (en) ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | ![]() |
Educación | King's College Universidade de Londres |
Q89547790 | - Estudo e publicación de achados numismáticos. - Estudos de Moeda da Antiga Roma. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática |
Ocupación | conservador, autor, numismático, profesor universitario ![]() |
Empregador | Museo Británico ![]() |
Obra | |
Doutorando | Philippa Walton (en) ![]() ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Lucilla Mary Burn (1987) ![]() |
Premios | |
- 1979: Premio Barclay Head. - 1983 e 1989: Premio Gillijam, da RNS. - 2011: Premio Allier de Hauteroche. - 2012: Jeton de Vermeil, da SFN - 2014: Medalla da RNS. - 2016: Medalla Presidencial da Academia Británica. - 2017: Medalla Huntington da ANS. | |
![]() | |
Lista
|
Roger Farrant Bland, nado en Londres o 3 de abril de 1955, é un numismático e museólogo británico vinculado ao Museo Británico.[1]
Roger Bland é fillo de David Ferrant Bland e Mary Elmore Bland, e casou en 1987 con Lucilla Mary Burn.[1]
Bland realizou os seus estudos universitarios no King's College da Universidade de Londres, onde se graduou en Estudos Clásicos en 1978. Na mesma universidade acadou o grao de doutor en 1991 cunha tese titulada The Coinage of Gordian III from the mints of Antioch and Caesarea.[2]
O ano seguinte á súa graduación, en 1979, ingresou no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, ao que estivo vinculado ata 2005. A partir dese ano pasou a ocupar o posto de conservador en diversos departamentos do museo: Departamento de Antigüidades Portátiles e Tesouro (2005-2012), Departamento de Prehistoria e Europa (2012-2013) e Departamento de Gran Bretaña, Europa e Prehistoria (2013-2015).[1][2]
A partir de 2015, exerceu tamén como profesor visitante da Universidade de Leicester e membro do Instituto McDonald para a Investigación Arqueolóxica, da Universidade de Cambridge.[1]
Ao longo da súa vida académica exerceu ademais diversos cargos directivos en varias entidades numismáticas e arqueolóxicas, como membro do consello da Sociedade de Anticuarios de Londres, vicepresidente da Real Sociedade de Numismática ou presidente da Sociedade Británica de Numismática.[2]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roger Bland ![]() |
Predecesor: Andrew Burnett |
![]() Presidente da Royal Numismatic Society Desde 2018 |
Sucesor: No cargo. |