Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Secundino Zuazo Ugalde 21 de maio de 1887 Bilbao, España |
Morte | 11 de xullo de 1970 (83 anos) Madrid, España |
Educación | Universidade Central |
Actividade | |
Campo de traballo | Historia moderna (en) |
Ocupación | arquitecto |
Membro de | |
Interesado en | Madrid |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Irmáns | Severino Zuazo |
Secundino Zuazo Ugalde, nado en Bilbao o 12 de maio de 1887 e finado en Madrid o 12 de xullo de 1971, foi un arquitecto e urbanista español[1].
Graduouse pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid en 1913, e desde entón residiu nesa cidade.
Zuazo foi un dos primeiros arquitectos racionalistas de España, considerado entre os máis importantes da súa xeración. O máis coñecido da súa obra son a "Casa de las Flores" e os Novos Ministerios de Madrid (cuxa construción non dirixiu). Como urbanista cabe destacar o seu plano para a Comarca de Madrid e máis o seu proxecto de prolongación do Paseo de la Castellana (Madrid).