Silvia Abascal

Modelo:BiografíaSilvia Abascal

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de marzo de 1979 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Embaixadora de boa vontade de UNICEF
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónColegio Santa María del Pilar Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, directora de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1993 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorUNICEF Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio websilviaabascal.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0007711 Allocine: 46373 Allmovie: p232071 BNE: XX1310129 Editar o valor en Wikidata

Silvia Abascal Estrada, nada en Madrid o 20 de marzo de 1979, é unha actriz española.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Tivo vocación artística desde nena, e aínda que na súa familia ninguén se dedicaba a este mundo, a súa irmá Natalia Abascal, tamén traballou como actriz, compartindo cartel ambas as dúas no filme. A súa primeira oportunidade chegaría da man de Chicho Ibáñez Serrador en 1992, cando foi escollida para ser unha das azafatas do inesquecible concurso Un, dos, tres... responda otra vez, presentado nesa etapa por Jordi Estadella.

O seu primeiro papel relevante como actriz foi en Pepa y Pepe onde compartiu protagonismo con actores como Verónica Forqué, Tito Valverde ou María Adánez en 1994. Curiosamente, máis tarde volveu facer de filla de Valverde en El Comisario, mentres que en Aquí no hay quien viva colaborou nalgúns capítulos interpretando de novo á irmá dun personaxe de María Adánez. En televisión destaca tamén a súa participación na miniserie Don Juan, onde interpretou a Dona Inés en 1997 e, máis recentemente, o seu traballo en Vientos de Agua (2006).

En cinema destacan títulos coma El tiempo de la felicidad (1997), de Manuel Iborra ou La voz de su amo (2001), de Emilio Martínez Lázaro, ademais de multitude de curtametraxes.

Ten realizado estudos de interpretación, baile español e ballet clásico e colabora en numerosos proxectos de ONG'S (como "Unicef" onde foi embaixadora).

Silvia Abascal

A actriz sufriu o 2 de abril de 2011 un infarto cerebral na festa de clausura do Festival de Málaga do que tivo que ser intervida de urxencia para recuperarse despois favorablemente.[1] Reapareceu publicamente a noite do 19 de febreiro de 2012 na entrega da XXVI edición dos Premios Goya.[2]

Durante a súa recuperación escribiu o libro Todo un viaje, publicado en xuño de 2013. Nel, a actriz narra en primeira persoa as súas vivencias a consecuencia do infarto cerebral e as vicisitudes da súa recuperación.

Televisión

[editar | editar a fonte]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  • 2006: Premio homenaxe á súa traxectoria profesional.

Premio Cadena 100

[editar | editar a fonte]
  • 2006: Premio dos ouvintes á súa traxectoria interpretativa.

Premio Rojas

[editar | editar a fonte]

Festival de Cáceres

[editar | editar a fonte]

Festival de San Sebastián

[editar | editar a fonte]
  • 1999: Premio Max Faxtor ó rostro máis bonito do cine español.

Fotogramas de Prata

[editar | editar a fonte]
  • 1997: Premio á mellor actriz de televisión por Hostal Royal Manzanares.
  1. "Silvia Abascal se recupera de accidente cerebrovascular" (en castelán). El País. 13 de abril de 2011. Consultado o 13 de abril de 2011. 
  2. "Silvia Abascal reaparece en los Goya "con ganas de seguir luchando"" (en castelán). La Vanguardia. 20 de febreiro de 2012. Consultado o 28 de febreiro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]