Sociedade Británica da Medalla de Arte

Sociedade Británica
da Medalla de Arte


British Art Medal Society

Medalla a Gay van der Meer emitida pola Sociedade Británica da Medalla de Arte en 1991

AcrónimoBAMS
PropósitoPromoción da arte da medalla.
Campo de traballoMedallística, numismática.
Data de fundación1982
Fundador(es)[[ Mark Jones (numismático)|Mark Jones]] e Ron Dutton.
Presidente/aJulian Cross.
Organización relacionadaFederación Internacional da Medalla de Arte (FIDEM).
PaísReino Unido Reino Unido
editar datos en Wikidata ]

A Sociedade Británica da Medalla de Arte (en inglés British Art Medal Society —BAMS), é unha entidade creada no Reino Unido en 1982 coa finalidade de promover a arte da medalla a través de encargas, exposicións, publicacións e eventos diversos.

A Sociedade está afiliada á Federación Internacional da Medalla de Arte.[1]

Creación

[editar | editar a fonte]

Mark Jones, daquela conservador xefe do Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, e Ron Dutton, medallista e escultor, foron as persoas clave na creación da sociedade,[2] cando en 1982 se anunciou a súa formación no número do 19 de maio da publicación periódica numismática estadounidense Coin World.[3]

Actividades

[editar | editar a fonte]

Emisión de medallas

[editar | editar a fonte]

Desde a súa creación, unha das actividades máis salientables da Sociedade é a encarga de medallas a diversos escultores contemporáneos (como Lynn Chadwick, Nigel Hall ou Michael Sandle), a deseñadores de moedas (como Ron Dutton, Robert Elderton ou Michael Rizzello), a xoieiros (como Kevin Coates, Jacqueline Stieger ou Fred Rich), e a outros artistas (como o caricaturista Ronald Searle ou o poeta Hamilton Finlay). A posibilidade de adquirir estas medallas é exclusiva dos membros da Sociedade.[4]

Reunións, conferencias e programas

[editar | editar a fonte]

Nos eventos e nas reunións periódicas da BANS préstase orientación e asesoría tanto a particulares como a entidades.[4]

A Sociedade ten un programa dedicado especialmente aos estudantes e aos medallistas do Reino Unido que se achen no inicio das súas carreiras, que se complementa coa concesión dos Premios BAMS ás mellores propostas para medallas presentadas por artistas novos, que levan consigo tamén a emisión da medalla proposta.[5]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

A revista da BANS, The Medal, ten unha publicidade semestral, cun número en primavera e outro en outono. Nela publícanse artigos ilustrados acerca de medallas históricas e contemporáneas, así como noticias de actualidade relacionadas co mundo da medalla.[4][6]

Ademais da revista, a Sociedade ten publicados diversos traballos monográficos sobre a arte da medalla, entre as que cabe salientar as seguintes:

Medalla do Presidente e Premio Marsh

[editar | editar a fonte]

Concesión conxunta

[editar | editar a fonte]

Desde 2009 e ata 2013, a Sociedade Británica da Medalla de Arte outorgaba conxuntamente estes dous premios, e a partir dese ano a súa concesión pasou a ser separada. Os gañadores do premio conxunto foron os seguintes:[7]

  • 2009: Museo Británico.
  • 2010: Francis Dineley.
  • 2011: Thomas Fattorini Ltd.
  • 2012: Bogomil Nikolov.
  • 2013: Simmons Gallery.

Medalla do Presidente

[editar | editar a fonte]

Trátase da máxima honra da BAMS, que recoñece con ela as contribucións sobresalientes realizadas á promoción e á comprensión da arte medallística.[4] Concédese a persoas e organizacións que demostrasen un compromiso constante co estudo das medallas históricas ou coa produción de medallas contemporáneas.[7]

Premio Marsh

[editar | editar a fonte]

O Premio Marsh para o Fomento da Arte da Medalla[4] está xestionado polo Marsh Charitable Trust en colaboración coa BAMS. O seu obxectivo é recoñecer a contribución significativa dunha persoa ou organización á comprensión, a apreciación e o fomento da arte da medalla.[7]

  • 2014: Andrew Griffiths.
  • 2015: Arnold Nieuwendam.
  • 2016: David Reid.
  • 2017: Kate Harrison.
  • 2018: Lucy Willow.
  • 2019: Giles Last.
  • 2020: Lisa McGovern.
  • 2021: Dauvit Alexander.
  1. "Associations Members". International Art Medal Federation (FIDEM-medals.org).
  2. "25 years ago"". En The Medal. British Art Medal Trust. Nº 50. 2007.
  3. Coin World. Amos Media. 19 de maio de 1982.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 "About us". British Art Medal Society (BAMS.org.uk).
  5. "Student Medal Project". British Art Medal Society (BAMS.org.uk).
  6. "About The Medal". British Art Medal Society (BAMS.org.uk).
  7. 7,0 7,1 7,2 "Winners of the President's Medal & The Marshall Award". British Art Medal Society (BAMS.org.uk).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]