The Eagle | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Eagle |
Director | Kevin Macdonald |
Produtor | Duncan Kenworthy |
Guión | Jeremy Brock |
Intérpretes | Channing Tatum Jamie Bell Mark Strong Donald Sutherland Denis O'Hare Tahar Rahim |
Música | Atli Örvarsson |
Fotografía | Anthony Dod Mantle |
Montaxe | Justine Wright |
Distribuidora | Focus Features (USA) Universal Pictures (GBR) |
Estrea | 2011 |
Duración | 114 minutos |
Orixe | Estados Unidos Reino Unido |
Xénero | Aventuras, Peplum |
Orzamento | $25 000 000[1] |
Recadación | $35 467 108 |
Na rede | |
https://www.focusfeatures.com/the_eagle | |
The Eagle é unha longametraxe de xénero épico, dirixida por Kevin Macdonald que foi estrada no 2011. Adaptada por Jeremy Brock dende a novela de aventuras de Rosemary Sutcliff The Eagle of the Ninth (1954),o filme conta a historia dun xove oficial romano que busca recuperar o Estandarte Romano da Aguia que a lexión do seu pai perdeu no norte de Gran Bretaña. A historia está baseada no feito histórico da desaparición da Legio IX Hispana no norte de Escocia no ano 117.
Século II d.C. O lexionario romano Marcus Aquila (Channing Tatum) e o seu escravo celta Esca (Jamie Bell) emprenden a busca da Novena Lexión, que desapareceu vinte anos antes nalgunha parte do Norte de Escocia e á cuxa fronte atopábase un xeneral que resulta ser o pai do lexionario Aquila.
Macdonald tentou facer o filme o máis fiel historicamente, pero o certo é que na rodaxe a xente das tribos fala gaélico escocés, cando esta lingua probablemente non se espallou na rexión ata o século V; polo que a lingua picta é probablemente a empregada por eses pobos.
Na actualidade só o 1% dos escoceses fala gaélico, limitando os posibles actores a 60,000 persoas. En agosto do 2009, bastantes rapaces gaélico falantes fixeron audicións para o papel do rapaz da xente do mar, pero sen éxito, polo que Macdonald organizou outra audición en Glasgow para o papel, que lle foi dado a Thomas Henry, de Newbarnsley, Belfast, o cal foi educado en gaélico irlandés.