Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2019.) |
Trinidad Jiménez García-Herrera, nada en Málaga o 4 de xuño de 1962, é unha política española pertencente ó PSOE.
Nada en Málaga, chegou a Madrid debido ó traslado do seu pai. Licenciada en Dereito pola Universidade Autónoma de Madrid, moi cedo ingresou en Xuventudes Socialistas de España, onde comezou a súa carreira política.
Apoiou claramente a candidatura de José Luis Rodríguez Zapatero á Secretaría Xeral do PSOE, dada a súa vinculación á corrente Nueva Vía dirixida polo propio Zapatero. Sendo este finalmente elixido,Trinidad entrou a formar parte da Comisión Executiva Federal do PSOE como secretaria de Relacións Internacionais.
Foi a candidata socialista á alcaldía de Madrid nas eleccións municipais de 2003, pero foi superada en votos por Alberto Ruiz-Gallardón (PP). Non obstante, conseguiu o maior número de concelleiros socialistas desde que o PSOE fora desaloxado da alcaldía.
O seu nome soou como futura ministra no gabinete de José Luis Rodríguez Zapatero cando este gañou as eleccións en 2004, aínda que seguiu sendo concelleira no concello de Madrid ata o 6 de setembro de 2006, data na que o Presidente a propuxo coma Secretaria de Estado para Iberoamérica.
En 2009 foi nomeada Ministra de Sanidade en substitución de Bernat Soria. En 2010 disputou con Tomás Gómez unhas eleccións primarias para converterse na candidata socialista á alcaldía de Madrid, pero saíu derrotada. Só uns días despois, José Luis Rodríguez Zapatero nomeouna Ministra de Asuntos Exteriores, cargo que ocupou ata as Xerais de 2011, onde os socialistas sufriron unha severa derrota.
Predecesor: Bernat Soria |
Ministra de Sanidade e Consumo 2009 - 2010 |
Sucesor: Leire Pajín |
Predecesor: Miguel Ángel Moratinos |
Ministra de Asuntos Exteriores e de Cooperación 2010 - 2011 |
Sucesor: José Manuel García-Margallo |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Trinidad Jiménez |