Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2023.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de setembro de 1772 Valencia, España |
Morte | 22 de abril de 1850 (77 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | camposanto de San Isidro |
Pintor de cámara | |
Datos persoais | |
Educación | Real Academia de Belas Artes de San Fernando |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura |
Ocupación | pintor, debuxante |
Xénero artístico | Retrato |
Alumnos | Justo María de Velasco (pt) , José Ribelles (pt) e Fortunato Bonich |
Familia | |
Fillos | Bernardo López y Piquer, Luis López y Piquer |
Vicente López Portaña (en catalán Vicent López i Portaña), nado en Valencia o 19 de setembro de 1772 e finado en Madrid o 22 de xullo de 1850, foi un pintor español, un dos últimos representantes do neoclasicismo, xa que significou o final da época barroca en España e o comezo dunha nova era.
Formado na tradición do barroco eclesiástico, a súa técnica era precisa e moi virtuosa, ligando un rigoroso debuxo á calidade material colorista e típica da escola española. Porén, a dicir dos seus críticos, as súas obras carecen dunha penetración psicolóxica e de graza compositiva.
Foi pintor de cámara de tres reis da da monarquía española: Carlos IV, Fernando VII e Isabel II. Na capital do Reino converteuse no pintor de moda entre a aristocracia e a alta burguesía madrileña.
Así mesmo foi autor de numerosos retratos de mandos militares franceses que ocuparan España durante a Guerra da Independencia.
Iniciou os seus estudos pictóricos á idade de trece anos, na Real Academia de Bellas Artes de San Carlos de Valencia, onde foi discípulo do monxe franciscano Antonio de Villanueva. En 1789 foi premiado cunha bolsa de estudos en Madrid pola súa obra El rey Ezequías haciendo ostentación de sus riquezas.
En 1780 obtén o primeiro premio no concurso da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando coa súa obra Los Reyes Católicos recibiendo una embajada del Rey de Fez.
Tras permanecer en Madrid trece anos, onde recibiría a influencia de pintores como Francisco Bayeu, Mariano Salvador Maella e Anton Raphael Mengs, regresa a Valencia en 1792, onde pintou a Fernando VII con el hábito de la Orden de Carlos III e numerosos retratos dos xefes militares franceses que ocupaban España durante a Guerra da Independencia. De carácter obediente e acomodaticio, durante a época da invasión francesa en Valencia colaborou co xeneral Louis Gabriel Suchet.
En 1793 foi nomeado académico de mérito de San Carlos, e en 1801 director da Academia, cando se retirou José Camarón Boronat.
En 1795 casou con María Piquer, coa que tivo dous fillos, Bernardo e Luís López Piquer, que tamén foron pintores, e seguidores do estilo do seu pai, pero que non alcanzaron a súa fama.
Cando o rei Carlos IV visitou a cidade do Turia en 1802, nomeouno pintor de cámara honorario, ao tempo que lle fixo algunhas encargas que executou a plena satisfacción do monarca con éxito.
Xa era un pintor moi coñecido e considerado, e o sentido realista que demostrara nos seus retratos fixeron que, en 1814, acabada a guerra da Independencia, López fora perdoado do seu afrancesamento por Fernando VII, que o chamou á Corte e o nomeou pintor de cámara oficial.
Pouco despois (1815) sucedeu a Francisco de Goya como primeiro pintor de cámara. Fernando VII tamén o designou profesor de pintura da súa segunda esposa, María Isabel de Portugal e, despois, da súa terceira esposa, María Amalia de Saxonia.
De novo en Madrid converteuse no pintor de moda entre a aristocracia e a alta burguesía madrileña. Alí, entre outros pintou o retrato do III conde de Lerena, Pedro López de Lerena Sobarzo, e o do compositor Félix Máximo López, ambos contra 1820.
En 1826 realizou a súa obra máis coñecida, o Retrato del pintor Francisco de Goya e en 1831 fixo o retrato de Fernando VII con el hábito de la Orden del Toisón de Oro.
Vivente López faleceu en Madrid o 22 de xullo de 1850, cando era primeiro pintor de cámara de Isabel II.
Vicente López figura nos billetes de 25 pesetas de 1931 da Segunda República Española.
Distintas obras súas, incluíndo un autorretrato, ilustraron unha serie de selos de correos españois en 1973.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vicente López Portaña |