Worcester Warriors

Worcester Warriors
NomeWorcester Rugby Football Club
Alcume(s)The Exiles ou Reading Irish
Fundación1871
SedeWorcester, Inglaterra
Estadio(s)Sixways Stadium
Capacidade12.024 espectadores
PresidenteInglaterra Cecil Duckworth
AdestradorInglaterra Dean Ryan
Capitán Gerrit-Jan van Velze
AnotadorAustralia Shane Drahm
EnsaiosInglaterra Nick Baxter
Liga(s)Aviva Premiership
2015-16-
Casa
Fóra
Na rede
http://www.warriors.co.uk/
Twitter: WorcsWarriors Instagram: worcswarriors Editar o valor en Wikidata

O Worcester Rugby Football Club é un club de rugby da cidade de Worcester (Inglaterra) que actualmente compite na Aviva Premiership, logo de ascender na tempada 2014-15 da RFU Championship, á segunda categoría do rugby inglés. O club é tamén coñecido polo seu alcume Warriors. Tamén compite na British and Irish Cup a raíz do seu descenso, anteriormente competira na Copa anglo-galesa, nas competicións europeas e na Guinness A League. Mantén rivalidade veciñal con Gloucester e Bristol. Xoga os seus partidos como local no Sixways Stadium.

O club foi fundado en 1871 polo reverendo Francis John Ede e xogou o seu primeiro partido o 8 de novembro de 1871 fronte ao Artillery. Nun principio, o club tiña a súa base en Bevere (Worcester) en 1954, mudándose a Sixways en 1975, cando se abriu a clubhouse do club.

O club ascendeu á Guinness Premiership na tempada 2004-05 logo de finalizar na primeira posición da RFU Championship na tempada 2003-04 cun récord histórico de 26 vitorias en 26 partidos disputados. A pesar de que o principal obxectivo do club na súa primeira tempada na máxima categoría do rugby inglés era a permanencia, o equipo acadou a final do European Shield, na que caeu ante o equipo francés do FC Auch no Kassam Stadium de Oxford por 23 a 10. Na tempada 2007-08 chegou outro éxito do club a nivel europeo, cando chegou á final da European Challenge Cup, na que caeu ante outro club inglés, o Bath Rugby por 24 a 16 no Kingsholm Stadium de Gloucester. Logo dos éxitos nas competicións europeas o equipo perdeu a categoría na tempada 2009-10 logo dunha mala tempada na que non puido pasar da fase de grupos da European Challenge Cup, rematando no terceiro posto do grupo e gañando tan só dous partidos (ámbolos dous fronte ao Olympus Madrid, equipo dun nivel moi inferior ao dos ingleses), mentres que na competición doméstica finalizou na última posición cun balance de 3 vitorias, 4 empates e 15 derrotas para un total de 28 puntos.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Tempada actual

[editar | editar a fonte]
Inglaterra Aviva Premiership — Tempada 2015/16
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per. BO BD
Saracens 37 9 8 0 1 4 1
Exeter 34 9 7 0 2 4 2
Harlequins 31 9 6 1 2 3 2
Leicester 29 9 7 0 2 1 0
Northampton 22 9 4 0 5 1 5
Wasps 20 9 4 0 5 2 2
Gloucester 20 9 4 1 4 1 1
Sale 17 8 3 1 4 1 2
Bath 17 8 3 0 5 1 3
10º Worcester 10 9 2 0 7 1 3
11º Irish 8 9 2 0 7 0 0
12º Newcastle 7 9 1 1 7 0 1

<<<< 2014/15 — Tempadas — 2016/17 >>>>


En verde      os equipos en play offs (1º, 2º, 3º e 4º).
En azul      os clasificados para a Copa de Campións Europea de Rugby 2015-2016 (5º e 6º).
En amarelo      posición para disputar o playoff pola Copa de Campións Europea de Rugby.
En rosa      o equipo en descenso directo (12º).


Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]