![]() (2015) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de xaneiro de 1985 ![]() Madrid, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actriz, actriz de cinema ![]() |
Período de actividade | 1993 ![]() |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Yohana Cobo, nada en Madrid o 12 de xaneiro de 1985, é unha actriz española.
Pese á súa xuventude e de que salta á fama en 2006 a raíz do seu papel en Volver, ás ordes de Pedro Almodóvar, Yohana Cobo é unha actriz de grande experiencia. Comezou a traballar de nena, participando con papeis episódicos na maioría das series españolas dos 90. O seu primeiro fixo, aínda que secundario, foi en Hermanas, serie emitida por Telecinco en 1998, da que se rodaron dúas temporadas e na que traballou con actrices como Pilar Bardem, Ángela Molina, Chus Lampreave ou Anabel Alonso entre outras.
En cine, e previamente a Volver, destaca a súa participación en Sin noticias de Dios, ás ordes de Agustín Díaz Llanes en 2001, onde xa coincidira con Penélope Cruz, que interpreta a súa nai na cinta de Almodóvar. Tamén participou en La vida mancha (2003), de Enrique Urbizu, xunto a José Coronado ou en El séptimo día (2004), de Carlos Saura entre outras.