Ángel Castro Argiz

Modelo:BiografíaÁngel Castro Argiz

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Ángel María Bautista Castro Argiz Editar o valor en Wikidata
4 de decembro de 1875 Editar o valor en Wikidata
Láncara (España) Editar o valor en Wikidata
Morte21 de outubro de 1956 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Birán (República de Cuba) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónterratenente Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra de Independencia cubana Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeLina Ruz González (1943–1956)
María Luisa Argota Reyes (1911–1943) Editar o valor en Wikidata
FillosLidia Castro Argota
 () María Luisa Argota Reyes
Ramón Castro
 () Lina Ruz González
Fidel Castro
 () Lina Ruz González
Raúl Castro
 () Lina Ruz González
Juanita Castro
 () Lina Ruz González
Emma Castro
 () Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Castro_y_Argiz-5
Placa conmemorativa na casa natal de Ángel Castro na parroquia de San Pedro de Láncara.

Ángel María Bautista Castro Argiz, nado en Láncara o 5 de decembro de 1875 e finado en Birán (Mayarí) o 21 de outubro de 1956, foi un emigrante galego en Cuba coñecido por ser o pai dos dirixentes Fidel e Raúl Castro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En Galicia era un campesiño, o máis vello de tres irmáns. En 1895 principiaron os independentistas cubanos a súa guerra con España e inda que Ángel quedou libre do servizo por sorteo, aceptou por cartos substituír un mozo da Coruña, un costume naquela época que permitía os fillos das familias con máis recursos libraren do servizo militar pagando un substituto. Grazas aos cartos recibidos puido pasar a guerra nun economato militar e nos servizos de fornecemento en Cuba. Despois da guerra, foi deportado de Cuba e tras unha estadía en Galicia marchou para Madrid, pero volveu de novo á illa en 1905, onde tivo éxito no negocio e fíxose un rico propietario. Conseguiu facer fortuna vendendo azucre. Era o propietario dun latifundio, Manacas, de 10.500 hectáreas, que tiña na súa maior parte arrendada, pero da que explotaba directamente 770.

Segundo o seu fillo Ramón o seu pai chegou a Cuba como recruta en 1895 polo exército de España. Juanita, a outra filla de Ángel, contradixo esta demanda afirmando que o seu pai era simplemente un nómade económico en Cuba.[1].

Contra 1910 casou con María Luisa Argota[2], mestra[3] de 21 anos, na vila de Birán e con ela tivo dous fillos: Pedro Emilio e Lidia. Ao final desa década chegou á súa vila un vehículo con emigrantes españois de ambos os sexos, e Ángel Castro contratounos para traballaren no agro. Cunha desas inmigrantes, Lina Ruz[4], nada en 1903[2][5], comezou unha relación sentimental que acabaría por transformarse en matrimonio en 1928[6], antes da morte da súa primeira esposa María Luisa. Con esta segunda muller tivo sete fillos: Ángela María, Ramón, Fidel, Raúl, Juanita, Emma e Agustina.[7] Durante o seu segundo matrimonio tivo tamén unha relación cunha mulata chamada Generosa Batista coa que tivo un fillo, Martín Castro, ao que criou xunto aos demais.[8]

Morreu en 1956, dunha hernia, 42 días antes do desembarco nos Cayuelos do barco Granma, co que daría comezo a Revolución Cubana. Fidel Castro soubo da noticia en México.

  1. Ana Louis Bardach: Cuba p.59 Confidencial durante la República Cubana
  2. 2,0 2,1 López Pombo, Luis (12 de decembro de 2005). "Genealogía de Fidel Castro Ruz, Presidente de la República de Cuba (I)". Galicia Digital. Consultado o 10 de xullo de 2018. 
  3. A irmá de Fidel, nas súas memorias nega que exercera xamais de mestra. Castro, Juanita (2009). Fidel y Raúl, mis hermanos: Memorias de Juanita Castro contadas a María Antonieta Collins (en castelán). Aguilar. ISBN 9788403100855. 
  4. Aínda que hai fontes pouco fiables que a sinalan como galega e outras como canaria (http://desdecuba.com/generaciony/?p=487&cp=24#comment-390945 Arquivado 29 de agosto de 2010 en Wayback Machine.), o máis probable parece que fose andaluza. A base de datos do Instituto Nacional de Estadística sinala Arquivado 01 de maio de 2011 en Wayback Machine. que un terzo (33%) dos apelidos Ruz son da provincia de Córdoba, mentres que as porcentaxes das provincias canarias e galegas caen por debaixo do 0.5%
  5. "Lina Ruz González - EcuRed". www.ecured.cu (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2018. 
  6. Segundo Tad Szulc (Castro, 30 ans de pouvoir absolut), Angel Castro e Lina casaron pola igrexa, pero ben despois do nacemento de Fidel, mediante unha cerimonia arranxada cun cura amigo e tamén galego, Henrique Pérez Serantes.
  7. "Xenealoxía dos Castro". www.xenealoxia.org (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2019. Consultado o 8 de agosto de 2019. 
  8. "El hermano desconocido de Fidel y Raúl Castro". La Vanguardia (en castelán). 4 de decembro de 2016. Consultado o 8 de agosto de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Bancroft, Maria 1983. Autobiografía de un espía William Morrow y Company. Inc.. Nova York. ISBN 0688020194
  • Norberto Lafuente, 2004 Autobiografia de Fidel Castro Planeta Editorial, ISBN 8423336042, ISBN 9707490012 De México D.F
  • Geyer, Príncipe, 2002 La Guerrilla de Georgie Anne. Kansas, Andrews McMeel ISBN 0740720643
  • Roloff y Mialofsky, Carlos y Gerardo Forrest 1901. Indice Alfabetico y Difunctiones del Ejercito Libertador de Cuba. Corregido bajo dirección oficial de la madera de Leonard. Impreso en La Habana por Rambla y Bauza
  • Alina Fernández, 1997. Memorias de la hija rebelde de Fidel Castro: Plaza & Janés Editores, ISBN 84-01-37585-1, Barcelona
  • Ann Louise Bardach, 2003:Cuba Confidential, Love and Vengeance in Miami and Havana ISBN 0385720521, Paperback - Firt Vintage Books Edition