Ángel Suquía Goicoechea nado en Zaldibia, Guipúscoa, o 2 de outubro de 1916 e finado en Donostia o 13 de xullo de 2006, foi un sacerdote de España, cardeal e arcebispo de Madrid, diocese na cal mantivo o cargo como emérito. Era Doutor en Teoloxía.
Recibiu a súa formación relixiosa, primeiro no seminario menor de Mutriku (Guipúscoa) e despois no seminario de Vitoria. Foi ordenado sacerdote en 1940, tras regresar precipitadamente da Alemaña ao estalar a Segunda guerra mundial, onde estaba estudando.
Dende 1941 foi membro activo da Acción Católica. No 1946 viaxou á Pontificia Universidade Gregoriana en Roma, doutorándose en 1949. No 1951 foi nomeado profesor do seminario vitoriano onde estudara, chegando á reitoría no 1955.
O 17 de maio de 1966 foi nomeado bispo da diocese de Almería, recibindo a ordenación episcopal o 16 de xullo do mesmo ano. Durante o seu período á cabeza da diocese andaliza, estabeleceu o primeiro consello presbiteral da diocese e restruturou o seminario, trasladándoo á cidade de Granada e adscribíndoo á Facultade de Teoloxía da Compañía de Xesús.
En 1969 foi trasladado á diocese de Málaga. A súa etapa comezou coa toma de posesión da sé o 24 de xaneiro do ano seguinte, e caracterizouse por un amplo traballo pastoral, visitando a totalidade de parroquias da diocese, e visitando asemade ao sacerdotes malagueños que exercían en Venezuela.
En 1973 foi trasladado novamente, nesta ocasión á arquidiocese de Santiago de Compostela.
En 1983 foi nomeado bispo de Madrid-Alcalá, recibindo o cardealado en 1985. Foi presidente da Conferencia Episcopal Española de 1987 a 1993. No 1986 foi elixido membro da Real Academia da Historia e relacionouse, aínda que non era membro, co Opus Dei coa ocasión do proceso de canonización do seu fundador, Josemaría Escrivá de Balaguer,[1] en cuxa causa canónica participou de oficio[2].
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Alfonso Ródenas García |
Bispo de Almería 1966 - 1969 |
Sucesor: Manuel Casares Hervás |
Predecesor: Emilio Benavent Escuín |
Bispo de Málaga novembro de 1969 - abril de 1973 |
Sucesor: Ramón Buxarrais Ventura |
Predecesor: Fernando Quiroga y Palacios |
Arcebispo de Santiago de Compostela abril de 1973 - abril de 1983 |
Sucesor: Antonio María Rouco Varela |
Predecesor: Vicente Enrique y Tarancón |
Arcebispo de Madrid abril de 1983 - jullo de 1994 |
Sucesor: Antonio María Rouco Varela |
Predecesor: Gabino Díaz Merchán |
Presidente da Conferencia Episcopal Española 1987 - 1993 |
Sucesor: Elías Yanes Álvarez |