Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Escindido de | arquidiocese de Toledo ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.146.225 (2019) ![]() | ||||
Lingua usada | lingua castelá ![]() | ||||
Relixión | Igrexa católica latina ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 3.663 km² ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 23 de xullo de 1991 ![]() | ||||
Catedral | Catedral de Santa María a Real da Almudena de Madrid (1993–) Real Colegiata de San Isidro (pt) ![]() ![]() | ||||
Sitio web | archimadrid.es ![]() | ||||
![]() ![]() |
A arquidiocese de Madrid (en latín: Archidioecesis Matritensis) é unha sé metropolitana da Igrexa Católica Latina. En 2004 contaba con 3 359 000 bautizados sobre unha poboación total de 3 746 000 habitantes. O seu arcebispo dende 2014 é Carlos Osoro Sierra.
A arquidiocese abrangue parte da Comunidade de Madrid. A sé arcebispal é a cidade de Madrid, onde está a Catedral da Almudena. O territorio está organizado en 476 parroquias.
O 7 de marzo de 1885 foi erixida a diocese de Madrid e Alcalá de Henares, en territorios da arquidiocese de Toledo. No mesmo ano foi creado o seminario diocesano, baixo a advocación de san Boaventura.
O 25 de marzo de 1964 foi elevada ao rango de arquidiocese coa bula Romanorum Pontificum do papa Paulo VI, e mudou o seu nome polo de arquidiocese de Madrid.
O 23 de xullo de 1991, coa bula Cum Venerabilis Frater do papa Xoán Paulo II, cedeu parte dos seus territorios para erixir as dioceses de Alcalá de Henares e de Xetafe, e ao mesmo tempo foi elevada ao rango de sé metropolitana.