Asistiu á NationalCathedral School de Washington, onde adquiriu as súas primeiras aprendizaxes sobre a escultura.[2] Igualmente, formouse como pianista clásica e realizou algunhas xiras coa violinista Edith Rubel e a violoncellista Marie Roemaet, formando parte do Edith Rubel Trio.[3][4]
Nos inicios da súa carreira, Putnam destacou polos seus bustos de cativos e polas súas figuras de xardín e de fonte.[5] En 1915 expuxo na Academia Nacional de Deseño unha obra abertamente sensual, Charmides [Dialogue], consistente nunha muller e un homeespidos durmindo xuntos, que foi descrita como "ao estilo de Rodin".[6] Para conmemorar a tumba da súa amiga íntima, a pianista Anne Simon, creou unha obra profunda: o Simon Memorial (1917), un anxo masculino espido que se ergue extasiado das nubes.[7]
“
O cemiterio de Rock Creek, en Washington, é un lugar de gran beleza onde se ergueron numerosos monumentos conmemorativos. Nos últimos anos converteuse noutro lugar de peregrinación: o monumento á señora de Otto Torney Simon. O triunfo do seu paso da "vida á vida" [...] está simbolizado no Simon Memorial, obra de Brenda Putnam. Ata hai pouco, nunca oíra falar desta figura alada interpretada por alguén que coñece todo o significado da estatua. Este anxo coas mans abertas e a mirada cara á arriba simboliza a liberación das nosas facultades e habelencias, a liberdade da alma liberada polo bondadoso don da morte.[8]
Cando toca, sempre pecha os ollos, inclina un pouco a cabeza cara a un lado e parece perderse na maxia da súa música. É esta postura característica, cos ollos pechos, a que Brenda Putnam captou á perfección. Este busto-retrato, do que se pode dicir sinceramente que está magnificamente realizado, áchase no Museo da Sociedade Hispánica, de Nova York, e unha réplica está en España.
Putnam sentiuse insatisfeita coa escultura académica convencional. O seu desexo de perseguir "unha estética máis moderna" levouna a Italia en 1927, onde estudou con Libero Andreotti, e máis tarde a Nova York, con Alexander Archipenko.[5]
Colaborou co arquitecto Paul Philippe Cret na fonte estilo Art Déco do personaxe Puck (1930-1932), para o xardín oeste da bibliotecaFolger Shakespeare de Washington.[17] Debaixo da súa figura de Puck está inscrito o famoso verso do elfo de Soño dunha noite de San Xoán: "Que parvos son estes mortais". A escultura de mármore, danada pola chuvia ácida e o vandalismo, foi retirada en 2001, restaurada e colocada no interior da biblioteca, e utilizouse para fundir unha réplica de aluminio que se colocou sobre a fonte en 2002.[18]
Putnam lesionouse gravemente nun brazo por mor dun accidente laboral durante a II guerra mundial,[16] polo que a partir de entón deixou de crear obras de gran tamaño e centrouse en bustos e pezas máis pequenas.[22]
Putnam fixera a transición estilística desde o académico á Art Déco, pero non era partidaria do Modernismo de posguerra. En 1952, o Metropolitan Museum of Art anunciou a súa intención de ampliar os seus fondos de escultura contemporánea e, en representación da conservadora National Sculpture Society, á que ela pertencía, Putnam avogou vehementemente por que o museo adquirise obras realistas.[25]
Putnam dedicouse durante 30 anos ao ensino en diversas institucións e a título privado,[5] experiencia que plasmou no seu libroThe Sculptor's Way: A Guide to Modeling and Sculpture, publicado por primeira vez en 1939,[26] que segue a ser considerado un clásico na materia e que se reimprimiu en 2003.[27] Tamén foi autora de Animal X-Rays: A Skeleton Key to Comparative Anatomy, publicado en 1947.[28]
Entre as súas alumnas cómpre salientar a Elfriede Abbe,[29] Laura Gilpin,[30] Ethel Painter Hood [31] ou Beatrice Gilman Proske.[16]
Putnam nunca casou e mantivo unha longa amizade con varios dos seus alumnos. Retirouse a Wilton, Connecticut, a principios da década de 1950. En 1971 trasladouse a Concord, Nova Hampshire, onde morreu o 18 de outubro de 1975, aos 85 anos.[5][32]
Putnam expuxo na Exposición Internacional de Arte e Historia de Roma de 1911.[35] A partir dese mesmo ano foi habitual a súa participación nas exposicións da Academia Nacional de Deseño, onde o seu Sea Horse Sundial gañou o Premio Barnett en 1922, e Mid-Summer acadou a Medalla de Ouro Waltrous en 1935.[5] Tamén expuxo na National Sculpture Society en 1916,[36]1923,[37]1929[38] e 1940.[39]Water-LilyBaby recibiu unha mención honorífica na exposición anual do Instituto de Arte de Chicago de 1917.[40] Expuxo regularmente na Academia de Belas Artes de Pensilvania entre 1910 e 1944, e gañou a Medalla de Ouro Widener de 1923 por Sea Horse Sundial.[41] En 1923 gañou tamén o premio de escultura da Asociación Nacional de Mulleres Pintoras e Escultoras.[13]Fountain for a Formal Garden obtivo en 1924 o Premio Avery da Liga Arquitectónica de Nova York.[42]
Putnam foi elixida membro asociado da Academia Nacional dos EEUU en 1934 e académica en 1936.[5] Así mesmo, foi elixida membro da Asociación Nacional de Mulleres Pintoras e Escultoras, entidade para a que deseñou unha medalla Art Déco de sete lados en 1941, cando cambiaron o seu nome polo de Asociación Nacional de Mulleres Artistas. En 1919 foi elixida membro da Sociedade Nacional de Escultura, da que foi secretaria entre 1933 e 1936.[13]
Busto: Artur Bodanzky (ca. 1940), Sociedade Hispánica dos Estados Unidos, Nova York.
Busto: Harold Bauer (1949).
Great Law-Givers: Maimonides - Solon - Tribonian (1949-1950, tres retratos de busto en baixorrelevo de mármore), Cámara de Representantes dos Estados Unidos, Capitolio, Washington.[77]
Busto: William Adams Delano (1950, bronce), Academia Nacional de Deseño, Nova York.[78]
Busto: Susan B. Anthony (1952, bronce), Paseo da Fama dos Grandes Americanos, Bronx, Nova York. Esta foi a derradeira escultura rematada de Putnam.[17][24][79]
↑ 17,017,117,2Rubinstein, C. S. (1990). American Women Sculptors: A History of Women Working in Three Dimensions. G.K. Hall. Páxinas 248-249. ISBN 978-0816187324
↑Miller, N. M. (2002). "The Folger's Happy Mending". En The Washington Post. 10 de xaneiro de 2002.
↑"Brenda Putnam". SR Olympic Sports (Sports-reference.com).
↑Fielding, M.; Opitz, G. B. eds. (1986). Mantle Fielding's Dictionary of American Painters, Sculptors and Engravers. Apollo Press, Poughkeepsie. 1986. ISBN 978-0938290025
↑"Putman, Brenda". En Leonard, J. W. Woman's Who's Who of America: A Biographical Dictionary of Contemporary Women of the United States and Canada, 1914-1915. American Commonwealth Co. Páxina 666.
↑Thirtieth Annual Exhibition of American Paintings and Sculpture. Art Institute of Chicago, 1917.
↑Falk, P. H. ed .(1989). The Annual Exhibition Record of the Pennsylvania Academy of the Fine Arts, Volume 2. Sound View Press. Páxina 379. ISBN 978-0932087058