Claude Gregory

Modelo:BiografíaClaude Gregory

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de decembro de 1958 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Washington, D.C., Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Wisconsin-Madison Editar o valor en Wikidata
Altura203 cm Editar o valor en Wikidata
Peso93 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1981 Editar o valor en Wikidata - 1990 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla Editar o valor en Wikidata
Convocado porWashington Wizards Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Saski Baskonia
CB Zaragoza
Pallacanestro Reggiana
Los Angeles Clippers
Evansville Thunder
Club Baloncesto Breogán
La Crosse Catbirds
Élan Béarnais Pau-Orthez
1977–1981 Wisconsin Badgers

Claude Andre Gregory, nado o 26 de decembro de 1958 en Washington, D.C., é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense formado na Universidade de Wisconsin-Madison xogou na NBA e nas principais ligas de Europa como a LNB, a Lega e a ACB. Cunha altura de 2,03 metros xogaba na posición de pivote.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Universidade

[editar | editar a fonte]

Xogou durante catro tempadas[1][2] cos Badgers da Universidade de Wisconsin-Madison, nas que fixo unha media 15,9 puntos e 8,2 rebotes por partido. Ten a marca de rebotes da historia dos Badgers, con 904. Na súa última tempada foi elixido o segundo mellor quinteto da Big Ten Conference.

Profesional

[editar | editar a fonte]

Foi elixido na cuadraxésimo primeira posición do Draft da NBA de 1981 por Washington Bullets, pero foi despedido antes do comezo da tempada. Acepta entón marchar a xogar á liga española fichando polo recentemente creado equipo do Zaragoza Skol, onde se converte no primeiro xogador estranxeiro en vestir a súa camiseta. Acabou a tempada como terceiro mellor anotador e segundo reboteador da liga. Ao ano seguinte ficha polo Baskonia onde acaba como máximo anotador da competición cunha media de 30,9 puntos por partido.

Regresa en 1984 para xogar nos Evansville Thunder da CBA, onde xoga ata que en 1985 asina un contrato de 10 días cos Washington Bullets, pero só disputa dous minutos repartidos en dous partidos nos que anota dous puntos. Volve á CBA para xogar dúas tempadas nos La Crosse Catbirds, sendo en ambas as elixido no mellor quinteto da liga e convocado para disputar o All-Star Game. A súa actuación na liga fíxolle merecedor de aparecer no equipo do 50 aniversario da competición.

Coa tempada 1987-88 bastante avanzada, ficha por dez días por Los Angeles Clippers, sendo renovado até o final da mesma. Alí disputa 23 partidos, 2 como titular, nos que fai unha media de 5,8 puntos e 4,1 rebotes. A súa mellor actuación sería nun partido ante Golden State Warriors, conseguindo un dobre-dobre, con 15 puntos e 12 rebotes. Ao ano seguinte regresa a Europa, para fichar polo Pau-Orthez da liga francesa, marchándose ao ano seguinte á liga italiana fichando polo Cantine Riunite Reggio Emilia, pero só disputa dous partidos nos que fai 15,5 puntos e 6 rebotes por partido antes de ser despedido. En 1990 ficha polo Dyc Breogán de Lugo da liga ACB, onde xoga 18 partidos nos que fai unha media de 18,4 puntos e 8,6 rebotes, sendo substituído no mes de decembro por Mike Giomi.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]